Aquilino non era ‘guai’
A historiografía da literatura galega é submisa ás relacións de poder, submisa ao estabelecido
Tras uns anos, leccións de humildade, volvín abrir libros de texto de gramática e literatura galega. Comprobo que a gramática entrou nunha fase experimental e vai habendo descubrimentos. O que hai uns anos eran tidos por “complementos” reveláronse como “sintagmas”, aínda que outro manual da mesma editorial considera que os “sintagmas” son realmente “frases”, mentres que un manual chama “frases” ao que outro denomina... En fin, que a gramática resultou ser ciencia, e ademais experimental, emparentada coa filosofía da linguaxe e tamén coa física cuántica. Mentras a cousa se aclara para dar aulas e, por contrastar pareceres, é conveniente a precaución de preguntar ao alumnado como é que lle chaman á mesma cousa na asignatura de lengua española. Algunhas veces coinciden.
Co tratamento que os libros de texto dan á literatura non leva un sorpresas, é como adoito. A literatura galega é inmadura pois, quitada a medieval, é unha literatura adolescente, 150 anos non é nada, e como tal adolescente é sectaria e marcada polos prexuízos. Así non deixa de admirarme que tanto a primeira novela en galego publicada na posguerra e como o seu autor apenas aparezan mencionados, A xente da Barreira de Ricardo Carballo Calero. Un romance digno e ben escrito, porén algún pecado contra a Santa Madre Igrexa debeu cometer o autor para que sobrevoen ou pasen en pés de lá polo seu nome e mais a súa obra.
Mido logo o espazo dedicado a Aquilino Iglesia Alvariño, o autor da obra poética probábelmente de maior fondura dos últimos setenta anos, soamente comparábel á de Álvaro Cunqueiro, e comparo logo o espazo ao seu carón dedicado á obra e figura de Celso Emilio Ferreiro: catro veces máis. Esa medición prodúceme un sentimento cercano á vergoña. A obra de Celso Emilio foi e aínda é tremendamente popular, certo, é unha obra característica e ás veces íntima e auténtica, mais o trato que lle dá o libro, e supoño que os demais libros de texto, á obra dun e doutro paréceme tan equivocado e inxusto que teño que procurar algunha explicación.
A única razón que encontro pídeme os vocablos da xiria dos adolescentes de hoxe: Aquilino non era guai para os historiadores da literatura galega. E, pola contra, Celso Emilio mola. A figura de Celso Emilio, da que son expurgados os episodios que son inconvenientes para construir o seu relato, mola cantidá: era nacionalista, comunista, socialista, poeta social, comprometido, etc. Aquilino únicamente escribiu unha poesía, permítanme agora que use tamén doutra xiria, caralluda. Na historiografía da literatura galega se non tés complicidades, facción e ou perfil ideolóxico aquelado só se pode aspirar á desconsideración. Aquilino nin sequera foi molesto para ninguén, simplemente estudou nun seminario e logo foi un profesor que escribía versos, a esa biografía non hai quen lle meta épica. Nin era do grupo de Galaxia nin tampouco dos seus disidentes.
A historiografía da literatura galega é submisa ás relacións de poder existentes, submisa ao estabelecido e a inmaduros dictados ideolóxicos e sectarios, na vez de recoñecer o valor das obras. En todas partes ocorre que quen fabrica as historias da literatura fai alarde de patriotismo e poucas veces gustan da literatura, aquí xa é un pouco de máis. O alumnado galego, se é crítico e gusta da literatura, acabará por pensar que a nosa literatura é mediocre e só se xustifica polas complicidades ideolóxicas e xeneracionais e que non lle ofrece mostras literarias de altura. Cando as hai.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.