_
_
_
_
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

O momento dos músicos libres

Emerxe en Galicia unha escena de grupos que parten da improvisación

"A improvisación é un camiño para chegar a outros lugares, unha forma de aprendizaxe continua". Pablo Rega é un músico coruñés residente en Barcelona que podería estar horas disertando sobre a improvisación libre na música. Rega é un dos membros da Orquestra de Música Espontánea de Galicia (Omega), unha das tres orquestras de improvisación que existen no Estado, e o epicentro sobre o que está a xurdir unha escena da improvisación libre en Galicia. "A improvisación é un proceso moi atractivo pola capacidade de variar o discurso según o que vaias atopando no camiño", comenta Rega, que forma parte tamén da Banda de Improvisadores de Barcelona (BIB).

Pablo Rega foi compoñente dun mítico grupo do rock galego: Kozmic Muffin. Desta banda de finais dos noventa, próxima ó rock sinfónico e á psicodelia, parte a árbore xenealóxica desta corrente que se instalou en Galicia nos últimos anos. "Despois de Kozmic, hai uns dez anos, formamos con Luis Legido na Coruña o primeiro núcleo chamado Parto, antes de empezar a experimentar con Omega", di Patxi Valera, membro das dúas bandas mencionadas e coñecedor desta escena en Galicia. "Na improvisáción ves como é a persoa máis que o músico. O arriscado é que non levas máscara e tocas según o estado de ánimo dese día", explica Valera, que tamén desenvolve outros proxectos personais no eido da experimentación. Valera explica cun exemplo cotiá, a implicación dos músicos que improvisan: "podes tocar de rutina e estar pensando ó mesmo tempo que esqueceches a roupa na lavadora, pero na improvisación hai que estar atento só a isto".

Durante anos, o único lugar cunha programación estable adicado a esta disciplina foi a Sala Nasa de Santiago, onde tiveron lugar durante anos as Sesións Vibracionais. Desas actuacións saíu Omega, que conforman unha vintena de músicos, e o xermolo de varios grupos que hai na actualidade. Desde o grupo Fase na Coruña, pasando por Lupercal en Santiago, ou o grupo RT2DV de Vigo, unha formación comandada por mulleres. "Somos unha novidade, porque facemos improvisación desde un cuarteto de cordas inusual, con contrabaixo, non o clásico", comenta a violinista Elena Vázquez. RT2DV é un exemplo do eclecticismo destas formacións. Nela converxen desde un músico de hardcore ata compoñentes que veñen da clásica ou a música popular, pero todas con formación de conservatorio. "Vindo dunha formación con tantos corsés, traballar coa improvisación dá a satisfacción de chegar á liberdade absoluta", comenta Elena Vázquez.

Todos os músicos que traballan no eido da improvisación teñen un perfil marcado por unha ansia de experimentación permanente. "É moi interesante liberarse como músicos e buscar outras posibilidades. Este proceso deixa un espazo libre á imaxinación", di Quique Otero, outro dos ex membros de Kozmic Muffin, e que tamén pertence a Omega. Para Otero, a improvisación é ante todo "un enorme exercicio de creación, onde o bonito é a inmediatez do momento". Polo de agora a improvisación medra, aínda que sexa moi minoritaria. "Se xa é minoritario o jazz, imaxínate isto", bromea Otero. Pero como di a violinista Helena Vázquez: "A satisfacción é cumprir a utopía do músico completamente libre".

Acuófono, a música das pingueiras

Poden unhas febles pingueiras centrar unha sesión de música improvisada? A resposta está no Acuófono, un aparello patentado por Patxi Valera e polo seu colega Luis Legido. Este inclasificable artefacto do tamaño dun armario, unha especie de acuario xigante coroado por pingueiros médicos de uso clínico, crea unhas "fermosas paisaxes sonoras orgánicas", en palabras dos seus creadores. É a caída das pingueiras, cun fluxo que pode regular o público, o que provoca uns pequenos impulsos eléctricos. Estes impulsos convértense en sinais que activan instrumentos musicais electrónicos.

"Este proceso ten relación con John Cage, co traballo do azar na música e coa pintura de Jackson Pollock, na súa técnica de driping, deixando caer a pintura en pingueiras", comenta Valera sobre o concepto do Acuófono, que ten como obxectivo "provocar unha reflexión escoitando a natureza".

Aínda que require un complexo método de desprazamento, este artefacto que xoga coa improvisación da natureza, está sendo reclamado para os lugares máis diversos: de centros de arte contemporánea, a concertos relaxantes ata espectáculos de danza. En Galicia verase no mes de agosto en San Sadurniño. As pingueiras tamén fan música. Só hai que saber espremelas.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_