_
_
_
_
INÉDITOS CON FIRMA | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

A visita

Levaban tres meses sen ver a Miguel. O rapaz empezara aquel ano na universidade. Os avós estaban orgullosos e non falaban doutra cousa na aldea. Miguel dicíalles por teléfono que estaba ben e que era mágoa non poder ir pasar as fines de semana, como fixera sempre. Non era un neno. Viña facéndose un home. Moita xente coñecíao, falaba del, tíñao en conta. O terceiro día que levaba na universidade saiu do campus e alguén, un rapaz de 15 anos, pediulle un pito e logo preguntoulle a Miguel se pola tarde viría bo tempo, e Miguel mirou o ceo e díxolle que quizáis chovese.

Aquel sábado Miguel levantouse á unha. Mirou a través da fiestra como os avós falaban sentados no banco do patio. Púxose un pantalón de chándal e un xersei. Saiu da casa e chegou ata eles.

Rapaz, cómo vives aquí, xa te queixarás! O avó tiña as mans apoiadas nos xeonllos. Deixei o almorzo na mesa, dixo Miguel, se como agora non como logo. Queres que che vaia preparando algo? Non, avoa, xa como máis tarde. Seguro? Nada, de verdade, non quero nada. Muller, deixa ao rapaz, xa comerá cando el queira.

Miguel volveuse meter na casa. Colleu unha manta e deitouse no sofá a ver a televisión. Un rato despois escoitou os pasos do seu avó, que viña facer a cama e fregar os cacharros da cociña. Cando rematou entrou no salón e fíxose un oco na esquina que deixaba Miguel. Golpeoulle unha perna, sorrindo. Así que a universidade, eh? Miguel asentiu coa cabeza. E vai todo ben? Si, polo de agora. E os compañeiros entón? Ben, avó, polo momento ben.

O avó deixou que mirara a televisión. Botáballe unha ollada de vez en cando sen querer molestalo. A universidade! O primeiro da familia que vai á universidade. Miguel bostezou e estirou as pernas. Que queres para comer, fillo? Non sei, uns espaguetis?, pero se tedes algo feito a min dáme igual. Non, rapaz, facemos uns espaguetis. Avó, non compraches o xornal, non? Comprei, púxeno enriba da cama.

Miguel foi para o seu cuarto. O avó ficou no sofá. Esperou uns minutos por se viña ler o xornal alí, pero Miguel quedou na cama deitado. O vello escoitou pasar as páxinas. Fixo un esforzo por levantarse, cruzou o pasillo e entrou na cociña.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Que quere o neno? Vou facerlle uns espaguetis. E que?, que che dixo?, vaille ben? Si, vaille ben. Está ben? Está. Ti miralo ben? Si, parece moi feliz. Cómo creceu, non si? Creceu moito, si.

Amelia mirou ao seu home, que sentara na mesa. Viña unha tarde boa. O sol estaba no máis alto. No cuarto, Miguel pasaba as páxinas do xornal. Non se oía nada arredor. Xosé levantouse da mesa e foi cara o forno, onde tiña pescado para el e para a muller. Logo puxo auga a ferver, e nunha sartén botou ovos e salchichas.

Na universidade, mira ti!, dixo a avoa, e qué pouca importancia lle dá. Si, seguro que si. Arrea, creceu moito, Xosé! Creceu, muller, xa é o máis alto da familia. Si que é verdade, non me dera de conta: é o máis alto de todos, máis alto que Javier, mira ti, e había que velo só hai uns anos.

Cando a auga xa fervía o home vaciou un quilo de espaguetis.

-Vai sobrar, Xosé.

-Que sobre.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_