_
_
_
_
Reportaje:Luces

Estoupa a burbulla no mercado da arte

As galerías admiten que as súas vendas afundiron, pero ensaian estratexias para sobrevivir rachando cos excesos mercantilistas dos anos de euforia

O comportamento das empresas culturais en tempos de dificultade económica non é uniforme. Non é ningunha sorpresa que o lugar polo que particulares, empresas e institucións públicas e privadas comezan os recurtes é ese vasto conxunto de actividades, accións e xestos que teñen que ver co lecer, a formación e o enriquecemento emocional; en circunstancias parellas, esta suma segue a ser un ben de consumo de primeira necesidade para as persoas que, coa súa economía, manteñen apoio incondicional á cultura.

Porén, en Galicia, semella que eses petos solidarios non abondan por eles mesmos para soster un tecido mercantil que non só devén en transaccións monetarias, senón que crea cultura. O mercado da arte tampouco se salva dunha conxuntura que os galeristas galegos perciben como "a peor das épocas recentes". E xorden dúbidas sobre se o coleccionismo galego abondaría para manter o número de empresas de arte que hai no país.

"Sufrimos o resultado de comportamentos obscenos destes anos"
Más información
Camiños de ida e volta

O sector pechou o ano 2008 con perdas que se situaban entre o 50% e o 70% sobre o período anterior. A falta de pechar o balance de 2009, os galeristas galegos dan por sentado que as cifras de venda aínda serán máis deficientes. "Os nosos clientes non son os máis afectados pola crise, pero polo de agora estamos nun intre de inhibición no que todos tentan consumir o mínimo e o diñeiro deixa de circular", observa a vicepresidenta da Asociación Galega de Galeristas (AGG), Asunta Rodríguez, quen tamén dirixe a galería Trinta de Santiago, fundada en 1985. Outra razón para esta actitude é, segundo Rodríguez, que en Galicia a arte aínda é considerada en moitos foros como investimento antes que como feito cultural: "Perder as galerías sería unha catástrofe para as artes plásticas galegas, porque somos actividade cultural e soporte de moitos artistas". Pero hai máis motivos.

"Estamos sufrindo as consecuencias de certos comportamentos obscenos e excesivos dos últimos anos, poxas multimillonarias ou macrocoleccións nas que só se falaba de cartos. Iso tamén é unha burbulla que nos afastou da sociedade e moitos cremos que hai quen lle tomou o pelo ao público", recoñece. A súa receita para resistir consiste en contribuír con máis doses de honestidade, de esforzo e de autoconfianza. "Cando comezamos, hai case 25 anos, o escenario tamén era difícil: por exemplo, non existían os museos de arte contemporánea que temos agora, que é cando máis medo temos! Debemos esforzarnos para sermos mellores cá nunca e facelo na nosa contorna, poñendo en valor a singulariedade propia que nos distingue do homoxéneo e difundilo fóra a través das feiras. Temos que crer, dunha vez por todas, en nós mesmos".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

A participación en certames internacionais é un afán necesario. Os vigueses Ad Hoc preparan, estes días, a súa presenza en Art Chicago 2010, unha edición dedicada a España e na que serán os únicos galegos. "Contamos con axudas da Consellería de Cultura e do Ministerio, senón sería imposíbel", indica a súa directora, Inés Ramiro. O ano vindeiro, Ad Hoc volverá estar no programa xeral de Arco Madrid, unha feira onde son habituais e que lle fai oco a outras propostas galegas como Bacelos e Factoría Compostela, a refundación da compostelá galería C 5. Viaxes que conteñen unha mensaxe moi valiosa segundo Ramiro: "Cando levamos aos artistas galegos ao exterior estamos situándoos ao mesmo nivel cós internacionais". As subvencións da Xunta para a asistencia a feiras internacionais, que obrigan a un sistema de cotas para garantir a presenza de creadores galegos polo menos nun 50%, foron a máis desde a súa creación, na época de Jesús Pérez Varela á fronte da Consellería de Cultura. O seu titular actual, Roberto Varela, volveu comprometer a axuda do seu departamento para unha actividade que recoñece como "promoción da cultura galega".

Onde si hai unanimidade é nas esperanzas depositadas na celebración da vindeira edición da feira de arte contemporánea de Vigo, Puro Arte, rebautizada como Espacio Atlántico, que se celebrará entre 14 e o 17 de xaneiro. Ademais de 14 empresas portuguesas e de 18 españolas, acodirán una vintena de galerías galegas, até agora as grandes ausentes da cita. "Esta feira é un fito histórico porque é a primeira vez que o sector se presenta unido, pero tamén pode ser un indicativo perverso do noso verdadeiro potencial: se verdadeiramente temos coleccionistas implicados con Galicia e institucións con capacidade de resposta real perante as necesidades da arte galega", explica o director artístico da feira, David Barro, quen considera que "a crise pode ser unha oportunidade para que as empresas revisen as súas estratexias, eliminar intrusismo e demostrar qué proxectos teñen base sólida".

Ata despois do Nadal

- As páxinas de Luces non se publicarán durante as festas do Nadal. Voltarán o venres 15 de xaneiro

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_