_
_
_
_
Luces

Camiños de ida e volta

Logo de 18 anos rexentando unha tenda de antigüidades e de obra contemporánea en Vigo, os irmáns Severo e Pablo Pardo veñen de abrir unha galería no recén estreado edificio do Colexio de Arquitectos, un inmoble de deseño funcional e sustentábel no centro da cidade e a carón dunha praza pública. Art Next inaugurouse a semana pasada coa primeira exposición en Galicia do artista castellonense Juan Ripollés e coa intención de combinar creadores novos e figuras consagradas, galegos e de calquera latitude. "Queremos que o público se decate de que cando merca arte está adquirindo unha porción de vida, por iso a arte nunca é cara nin innacesíbel", afirma Severo Pardo quen considera que a clave está en buscar valores seguros e propostas artísticas sólidas. "Hai moita arte sobrevalorada e vaise producir unha criba, quedará a que é de verdade", conclúe.

Más información
Estoupa a burbulla no mercado da arte

Se o ano finaliza co optimismo dun proxecto que comeza, 2009 estreouse mal para a galerista María Prego, quen asistiu ao naufraxio da súa empresa, despois de tres anos de actividade en Vigo. "Empeñamos moita ilusión e traballo para desenvolver un labor pedagóxico difícil e unha tarefa comercial que é a que resultou ser menos interesante", explica. Prego asegura que volverá ao sector cando se presente unha nova oportunidade.

"Nunca existe un único motivo para pechar unha galería, porque somos un sector moi especial", sostén a presidenta de AGG, Marisa Marimón, galerista en Ourense desde hai 15 anos. O colectivo achégase á vintena de asociados e segue medrando. "Hai moita xente que antes non sentía a necesidade de asociarse e que ven as vantaxes de estarmos unidos". Marimón certifica que existe moita psicose arredor desta crise, "aínda entre persoas cuxas condicións económicas non variaron". "De todos modos, as impresións van coas persoas, porque aquí seguimos, aguantando con ánimo e porque non podemos deixar tirados aos artistas".

A crítica de arte e comisaria Mercedes Rozas opina que a crise "pasa factura en cadea": "Se mesmo as institucións públicas e privadas se retraen nas compras, as galerías, que son negocios privados, vívena de verdade". Rozas prognostica "mellor aguante" para os artistas consagrados, que gozan do favor dos coleccionistas, e maiores complicacións para os emerxentes porque carecen de apoio institucional: "Agás se contan co respaldo dunha galería, as salas institucionais nunca abren para os acabados de licenciar, as excepcións son moi poucas". "Con todo, penso que as cousas hanse asentar para ben: imos gañar en profesionalización, porque o instrusismo non é bo en ningún eido e vai primar a calidade alén do exotismo".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_