_
_
_
_
Luces

'A Peneira' cumpre 25 anos como emblema da prensa comarcal

O cliché non lle fai xustiza: A Peneira empezou sendo un modelo de prensa supracomarcal e dende o 2000 distribúese por toda Galicia. Agora vén de cumprir 25 anos e en xaneiro publicará o seu número 500, unha edición extra á que se sumarán as colaboracións das máis destacadas firmas do galeguismo e do nacionalismo, que sempre lle deron un alento, aínda que Guillermo Rodríguez, o fundador e director de publicación, celebra a efeméride cunha conclusión agridoce: "Os chamados galeguistas, incluidos os nacionalistas, na tesitura de defender a cultura, o idioma e o país, fano de pico, non cren o que din e, por número, non son quen de soster un diario de información. Hai espazo, pero non lectores".

"Todos os alcaldes eran do PP, era como traballar nun campo de minas"

Este derrotismo como empresario xornalista vése compensado pola experiencia "moi positiva, pesie aos moitos cartos e sacrificios" do balanzo persoal. Guillermo Rodríguez era un mestre co veleno do xornalismo no sangue. Era corresponsal de Faro de Vigo en Ponteareas e, "farto de que non publicaran as novas que lles mandaba", decidiu, xunto cuns amigos, montalo de seu. A Peneira naceu por ese motivo e coa bandeira da defensa da língua. Durante os primeiros 15 anos, Rodríguez compatibilizou o traballo da escola coa dirección da publicación. "Nunca tivemos un obxectivo mercantilista, non buscamos beneficios, senón saír do paso no día a día, como se pode, resistindo romanticamente", sinala.

A periodicidade inicialmente mensual pasou logo a quincenal e a empresa editora foise desdobrando noutras dúas, autónomas para encaixar as edicións do Baixo Miño, Val Miñor e A Louriña, dende a matriz do Condado. Agora, entre quioscos e suscricións, distribúe 15.000 exemplares nesas comarcas e no resto de Galicia. Tamén edita dende hai cinco anos O Farelo, un suplemento de humor, e Kalaikia, outro cultural, así como Nea, xornal dixital do Eixo Atlántico. Tamén libros. Emprega a 12 xornalistas "que cobran os soldos normais" e a outros tantos colaboradores eventuais.

"Somos rabiosamente independentes, non temos presións de ningún tipo, o que vén sendo un atributo de honra", gábase Guillermo Rodríguez, "pero tamén un handicap porque non podes aspirar a determinados ingresos". De feito, durante moitos anos A Peneira foi realizando o seu cometido no territorio "como nun campo de minas: todos os concellos eran do PP", explica o director. "Aínda que nunca ninguén tentou condicionarnos, nin antes nin agora", engade.

Logo resulta que si, que "algúns fachas nos declararon persoas non gratas" e Pepe Castro, o mítico alcalde de Ponteareas, ía pregoando que A Peneira era un periódico ilegal... Foi o único alcalde, en todos os concellos das cinco comarcas que cobría a publicación, que nunca foi entrevistado nas súas páxinas pese a súa longa permanencia de rexedor. "Non tivemos o menor inconvinte en entrevistar á filla, Nava, cando foi alcaldesa", xustifica Rodríguez. Nas últimas eleccións locais, un destes alcaldes atribuiu a A Peneira a perda do seu sillón e, con tal argumento, deixou sen pagar a publicidade da súa campaña electoral. "Bah, doume por satisfeito", desdeñan o director.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

En 2006 A Peneira mereceu o Premio da Crítica de Galicia na modalidade de Iniciativas Culturais.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_