_
_
_
_
Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

Cunqueiro e sen compromiso

O compromiso é iso que se espera dos artistas e intelectuais. Unha obriga ética, intervir como tal artista ou intelectual, nos asuntos da súa comunidade; cousa que non se lle pide a un gandeiro, unha médica ou un electricista, tampouco a un científico. É unha canga no pescozo que acaba por condicionar a súa obra, un condicionamento que se supón deben aceptar as persoas que traballan coa linguaxe. Mais non todos queren ou poden, e fan ben en esquivar esa obriga. Como todo ten custo nesta vida, comprometerse nos asuntos públicos teno, agora que o non comprometerse tamén pode ser criticado. O comprometerse lixa, mais a brancura inmaculada do non compromiso crea desconfianza a algúns. A Cunqueiro critícaselle ter sido fascista, e á súa literatura, o ser descomprometida.

A imaxe das persoas públicas abondas veces é unha máscara que oculta o semblante contrario

Álvaro Cunqueiro meteuse de vez nos asuntos públicos e políticos e, con todo, nunca se comprometeu verdadeiramente. Cunqueiro viviu a súa vida como unha fantasía, ese é o único modo de comprender a aquel home novo que viña de ser un galeguista conspicuo transformado en meses nun olímpico fascista de bando cruel, fardado de bota, fusta e correaxe por Burgos. Seguramente estaba a vivir unha fantasía bizarra, as fantasías daquel meniño que no canto de xogar cos outros rapaces e rillotes de Mondoñedo lía apartado noveliñas e xa escribía historias. Cunqueiro medrou e fíxose maior fantaseando. O que caracteriza ás persoas adultas é a renuncia a soñar. Facérmonos adultos é aceptar unha vida que chamamos "a normalidade" baseada nesa renuncia. Cunqueiro nunca aceptou ese trato para facerse home e foi un Peter Pan nun tempo moi cruel, a facer por voar e enredando as ás nas silveiras.

Realmente os escritores do soñar fan un oficio. Cunqueiro era incapaz de limitarse a soñar por horas e viviu nun estadio de vida imaxinaria estupefaciente. Non se fugaba da realidade, simplemente permaneceu dentro dunha boia transparente, na súa realidade particular e nun tempo histórico propio no que convivían figuras doutros séculos e libros de todas as épocas. Aí diante e ao redor, a guerra, a posguerra, os sputniks e os paradores de turismo. Cantos miles de artigos de prensa escribiu Cunqueiro? Cada artigo, cada ensoño, cada fantasear, cada día, varios no día. A imaxe das persoas públicas abondas veces é unha máscara que oculta o semblante contrario, o caso do escritor que deixou unha imaxe de home popular, entre xente común a mexer nos queixos, freixós, pementos, viños brancos, empanadas... Cunqueiro amaba iso, filtrado a través da literatura.

A súa obra é para si, non para os demais. Pódese dicir iso da obra de calquera autor que exprese a súa propia visión e, con todo, case sempre hai unha conexión a través das emocións co lector. E na obra de Cunqueiro falta esa ponte. A nosa literatura é moi característica, é o verdadeiramente argumento colectivo, marcada dramáticamente pola ética. Secomasí, os maiores logros literarios teñen unha conexión fonda coa xente do noso pobo, os poemas da Rosalía ou a prosa do Castelao, que rebordan empatía, compaixón e cariño. Literatura quente. Non tal a de Cunqueiro, beleza morna ou fría. E, con todo, é un cume literario. A mornura é o ton de conxunto da súa obra, non sendo o resaibo amargo que dá a conciencia do paso do tempo e o tributo da morte, areas de lucidez que salferen os seus textos, sempre serenos e amábeis.

Cóstanos imaxinar como persoas aos seus personaxes, figuras incorpóreas como fantasmas ou leves como sombras. A súa idea de Galiza nace dun Mondoñedo medieval alleo ao século. O país románico, barroco e romántico que argumenta razonadamente Otero Pedrayo a través da cultura Cunqueiro sóñao. Un país soñado a través da literatura. Os seus personaxes nacidos da realidade transfórmanse en seres feéricos que se cruzan cos personaxes das máis antigas historias. Ensoñacións estáticas, na súa obra non hai conflitos, senón personaxes que cavilan incesantemente. Para dúas obras súas escolleu a personaxes de dilema terríbel, Hamlet e Orestes. Cunqueiro olla para eles con comprensión humana mais déixaos quedar inmobilizados nun éter de palabras. Sen executaren nunca o asasinato, nunha obra teatral de duración eterna. Curiosamente, quitándolles a acción, a violencia, inmobilizándoos, o que fai é deixar as súas historias sen sentido. É un posmoderno que aniquila a épica coa súa comprensión e ironía.

Cunqueiro viviu a súa vida como literatura. Foi galeguista e fascista logo, foi un escritor de xornalismo incansábel e un pícaro, e todo parte do mesmo soño do meniño a ler nun cuarto de Mondoñedo. Énos imprescindíbel, proba de que a literatura en lingua galega pode e debe existir en por si, sen outra xustificación fóra de si mesma. Sen xustificación ningunha.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_