"Estamos a traballar baixo mínimos pero son optimista"
O actual director do Centro Galego de Arte Contemporánea, Miguel von Hafe, quere ser optimista ante o futuro dun centro que no 2013 fará 20 anos. De tódolos xeitos, durante a conversa nótase que as dificultades que tivo que asumir co recurte do 50% do orzamento da institución non figuraba no guión cando se fixo cargo da mesma, despois dun concurso público no que resultou elixido para o cargo, no 2009.
Pregunta. Cal é a situación económica en que se atopa o centro?
Resposta. A situación é complicada este ano, coma foi no pasado recente. En 2011 tivemos un recurte no orzamento de preto do 50% e ademais hai cousas pendentes de pagamento de anos anteriores. Estamos a traballar baixo mínimos. A realidade é que estamos a programar cáseque en tempo real, con todas as desventaxas que iso conleva. No terreo das compras sigue vixente o acordo coa fundación Arco pero hai que ver se poderemos manter o compromiso de facer compras por valor de 90.000 euros.
P. É certo que incluso hai problemas de cartos para garantir a chegada da mostra de Jeff Wall ao centro?
R. Neste caso hai un problema que ten que ver co timing da exposición, que se celebra a mediados de novembro e temos un peche anticipado do orzamento, por iso terá que pagarse con cargo ás contas de 2012. É unha mostra que temos que manter porque levamos traballando máis dun ano e hai máis de 50 museos involucrados nela. Sería un suicidio institucional non facela.
P. Ten previsto como vai ser a programación do ano que vén? O conselleiro xa insinuou que pode haber un novo recurte no orzamento.
R. Estamos traballando nun contexto para manter as mesmas cifras que este ano. A maior parte dos museos teñen sufrido recurtes, pero dun 10% ou un 25%, non da metade do orzamento coma nós. Sería insustentable manter ese recorte drástico. A programación para 2012 está perfilada, pero se non se pode facer, haberá que atopar alternativas.
P. Que está a facer o CGAC para promocionar aos novos artistas galegos?
R. Todo a formulación que fixemos dende o inicio está a sufrir cos recurtes. Algunha das cousas que tivemos que deixar á marxe foi todo o relacionado coas actividades e coa colección. Isto último é algo que temos que pensar como artellar, porque é unha función dun museo e que nós temos que afrontar, malia que somos un centro. A maior parte das poucas compras que puidemos facer nos dous últimos anos foron de artistas novos galegos. Neste exercicio aínda tivemos que pagar unha peza de Waltercio Caldas, que viña da etapa anterior e estaba aínda sen aboar.
P. Cal é a razón pola que é tan complicado converter ao CGAC nunha fundación ou nun ente autónomo?
R. É un tema político, a verdade é que non sei por que non se conseguiu facelo até o de agora. É algo que tería moitas vantaxes, especialmente en cuestións administrativas. O tema está enriba da mesa e o novo padroado ten que levalo adiante. Poderíanse obter máis recursos, pero o máis importante é que poderiamos xestionar máis eficazmente os recursos dos que dispoñemos.
P. Como ve o futuro da institución?
R. Coa chegada da crise económica todas as institucións culturais teñen que procurar novos modelos de actuación e imos traballar cun paradigma novo. Isto non implica unha rebaixa da calidade, senón que hai que pensar en novos modelos de produción e de colaboración institucional. Xa estamos a facelo, por exemplo, coa mostra de Jeff Wall, na que a colaboración co Museo de Bruxelas é fundamental. Son optimista e teño ganas de proxectar o futuro desta institución. No ano 2013 o centro cumpre 20 anos e creo que o imos celebrar con orgullo.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.