_
_
_
_
EPISODIOS GALEGOS | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

Este non é país para moz@s

Manuel Rivas

Que é o "choque tanático"? A vida, ben o sabemos, é un cuadrilátero onde se baten Eros e Tánatos, a pulsión do desexo e a destrutiva. O choque ou traumatismo tanático é cando a criatura humana "sabe que o mundo para ela esvaecerá coma se ren tivese acontecido". Anoto a definición, tan preñada de significados, do que no meu parecer é o mellor texto de Domingo García Sabell: Paseata arredor da morte. Pensei nese intre de "choque tanático" cando me preguntaron esta semana pasada, fóra de Galiza, e en dous lugares moi diferentes, cal era a situación do galego. Está ben que a un lle pregunten fóra porque semella que dentro, no propio país, xa deixamos de facernos a pregunta. Esta e outras preguntas. "Este non é país para moz@s", dicía unha pancarta dos Indignados na Coruña. Nin para termar da súa lingua.

Encol da conexión entre a vida das palabras e o medio ambiente, recomendo un ensaio ben recente que nos osixena e reanima neste tempo de "choque tanático". A Ecolingüística de Teresa Moure, en edición do servizo de publicacións da Universidade da Coruña, co subtítulo Entre a ciencia e a ética. O colofón, A linguaxe cambia o mundo, é de levantar a paleta. Por exemplo, alí por onde se di: "É difícil saír das nosas prisións cando non as vemos mais, desde o momento en que se revelan como tales muros, xa non podemos pensar noutra cousa senón en escaparmos".

Así que penso nas dúas cousas, no "choque tanático" e no xeito de como escaparmos del, mentres escoito a cuestión abraiante: En que situación está o idioma galego? Está a esvaecerse o mundo para a lingua galega coma se ren tivese acontecido? Se hai uns anos compararamos as esperanzas de futuro dos idiomas éuscaro e galego, ninguén dubidaría en afirmar que o de Galicia estaría máis garantido. Polo uso e espallamento na poboación. E sen embargo, hoxe en día, estamos ante tendencias ben diferentes.

A pasada semana presentouse no museo de San Telmo, en Donosti, o informe sobre a evolución lingüística nos últimos anos no País Vasco. Máis en concreto, dende a aprobación no Parlamento autónomo do Plan Xeral de Promoción do Uso do Euskera, hai unha ducia de anos, en decembro de 1999. A presentación da avaliación coincidiu co lanzamento de produtos de software informático dispoñíbeis en lingua vasca, na convocatoria Berrikuntza Euskaraz (Innovación en Éuscaro).

O uso do éuscaro, segundo o informe de avaliación, ten unha tendencia ascendente en case todos os ámbitos e sectores sociais, con diversas intensidades e ritmos. O máis significativo: o maior crecemento do uso habitual do éuscaro dáse na poboación infantil, onde hoxe se achega ao 30% (do 21%, en 1997, ao 26%, en 2006). A porcentaxe da mocidade que escolle o éuscaro para a proba de acceso á Universidade pasou nese período do 25% a un 60%. Duplicouse o uso e presenza do éuscaro nas novas tecnoloxías. Duplicouse tamén nunha década o número de libros publicados.

A única franxa da poboación onde non medrou o uso do éuscaro foi na terceira idade. Onde si aumentou, foi entre a poboación adulta. Segundo subliña El Diario Vasco, que non se sitúa no ámbito nacionalista: "El 44,2% de los bilingües tienen el castellano como primera lengua; es decir, se pueden considerar neo-vascohablantes. En 1996, ese porcentaje era 14 puntos menor". Este é un dato moi significativo: son moitas as persoas castelán falantes que se preocuparon por aprender e utilizar o éuscaro. En 10 anos, o éuscaro incrementouse en 130.000 falantes. Noticias de Gipuzkoa subliña este aspecto: "Hoy por hoy, un tercio de los menores de 30 años es bilingüe y 25.000 trabajadores estudian euskera con ayudas públicas". Cito estas dúas fontes porque non se sitúan no ámbito nacionalista. A cobertura e a obxectividade con que foi tratado o informe de avaliación por todos os medios de comunicación, na pluralidade do quiosco vasco, o que pon de relevo é que a promoción e o futuro do éuscaro é un interese común, mesmo asumido por sectores antes indiferentes ou contrarios.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Hoxe, como é sabido, gobernan en Euskadi os socialistas co apoio parlamentario dos populares. Cómpre sinalar que o informe do que falamos foi presentado pola conselleira de Cultura do Goberno vasco, Blanca Urgell, e pola viceconselleira de Política Lingüística, Lurdes Auzmendi.

Despois de tantos anos marcados pola violencia e o uso do crime para fins políticos, Euskadi vive hoxe un clima de esperanza, aínda que sexa unha esperanza inquieta, á espreita de que a paz non teña volta atrás nin estea condicionada. Malia esa gravísima distorsión, a maioría da sociedade vasca ten demostrado a súa fortaleza democrática e tamén a súa capacidade para anovarse no eido económico e garantir un certo benestar social. Tamén unha maior protección no medio natural.

Non sempre as noticias teñen de ser malas noticias. Un xeito de avanzar nun mundo mellor é dar conta dos froitos da humanidade, contra tanto fabricante de odio. Para min é unha boa noticia que o éuscaro se afaste da liña de extinción e que medre o seu uso pola forza do agarimo e a sensibilidade da xente que se dedicou a construír e non a destruír, en especial no eido da ensinanza. E tamén dos que levaron ou levan con responsabilidade e honestidade o leme das institucións, con sentido do ben público.

Estamos ante dúas realidades moi diferentes, Galiza e Euskadi, e sería absurdo trazar un paralelismo. Si que hai espazos onde se cruzan as vidas. No século XX, Galicia deu emigrantes e unha parte encontrou traballo e fogar en Euskadi. Quen máis sabe desa estirpe, quen mellor a coñece a máis a estudou, é Xosé Estévez, historiador e profesor agora xubilado na Universidade pública vasca. É el, camiño de Oiartzun, onde vive coa súa dona, Maribel Goñi, quen me vai describindo os lugares que en toda a xeografía vasca teñen unha homenaxe a Castelao, a comezar pola asociación que leva o seu nome no barrio donostiarra de Trintxerpe. Unha asociación cultural, integrada por xente moza, onde se fala por igual o galego e o éuscaro.

Todo é interesante e conmovedor no relato de Xosé Estévez. Pero o agasallo que máis me conmove é un libro que me deixa nas mans cando a despedida. é un libro que se titula Non me afago sen ela. Está dedicado á súa filla, Alda Naiara, nada e falecida en Euskadi. Un libro feito para o seu quinto cabodano, que será o 27 de xullo, e no que aparecen poemas de amigos e amigas, en galego, castelán, éuscaro e catalán (O Canço de bressol, a Cantiga de berce, de Joan Margarit, dedicada á súa filla Joana).

Din que nunha pinga de auga está en potencia a vida toda. Hai un poema de Xosé titulado Mañanciña de San Xoán e que remata así: "Pinga de orballo, / Silenzo da Alda querida, / Que adozas a tristura soñada / Se mo pediras / Morrería pra dar vida..."

Grazas, Xosé. Xa sei como é a esperanza. Unha pinga de orballo!

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_