_
_
_
_
Reportaje:Luces

Cancións con videoarte

O exguitarrista de Los Piratas Fon Román saca un disco onde intercambia experiencias con artistas visuais

A guitarra de Fon Román marcou un son característico nunha das bandas máis emblemáticas do pop rock dos anos noventa: Los Piratas. Despois de cinco discos e dunha carreira brillante, o grupo disolveuse en 2004, e os seus membros tomaron diferentes camiños. Desde a exitosa carreira en solitario do cantante Iván Ferreiro, ata o proxecto de sons hindús Om/Off impulsado por Paco Serén con Pablo Álvarez.

Fon Román tamén iniciou o seu camiño en solitario. Agora acaba de sacar o seu segundo disco, Entretelas, un traballo de 11 cancións pop elaboradas e envolventes. Pero tamén un proxecto moito máis amplo, no que o seu autor apostou por cruzar varias disciplinas. Para iso aliouse con varios videocreadores, como o sevillano Curro González ou o salmantino afincado en Arousa Jesús de la Iglesia, para elaborar uns clips dunha calidade e un risco narrativo pouco usual neste tipo de pezas aplicadas á música. "Non fago discos nun sentido único, senón nun sentido máis amplo, pensando que o tema artístico encaixe ben e haxa unha unidade", explica o músico vigués sobre o proxecto que rodea o seu traballo. "O título Entretelas, ten ademais unha intención coa construción da peza, coas entrañas, coa morfoloxía dos retallos, co cruce de disciplinas e co troco aplicado á creación artística", expón Román sobre os seus conceptos. De aí xurdiron xa tres videoclips, sempre realizados por artistas visuais como os anteriores ou coma os madrileños The Öwn, cos que o músico traballa rescatando un vello concepto: o do troco de creacións. "Establezo este tipo de relacións cos autores dos clips".

Un exemplo é o clip do tema Mis movimientos, que realizou Curro González, un recoñecido artista sevillano que tamén traballa nos ámbitos da pintura e da escultura. "Curro é un artista que facía traballos en stop-motion e plastilina. Coñecino o ano pasado na feira Arco, e púxenlle música a unha peza súa. A cambio el fíxome o clip, niso consiste o troco" comenta Fon Román sobre este proceso.

A relación de Román cos artistas que elaboran os seus clips ten unha clave familiar: a súa nai, Inés Ramiro, é a propietaria de Ad Hoc, unha das galerías viguesas sempre atentas ao último que se move no mercado da arte. "Hai uns 20 anos que a galería existe, e eu visito feiras como Arco desde hai bastantes anos, e esas cousas sempre van quedando aí", comenta este músico con alma de artista, que cita entre as súas influencias a creadores como o pintor Francis Bacon ou o coreano Nam June Paik, pioneiro do concepto de videoarte."A min gústame a obra destes artistas, pero tamén me gusta unha frase enxeñosa dun señor na tasca, a arte pode estar en calquera sitio", afirma o que fora guitarrista de Los Piratas.

Arriscar cun proxecto tan diferente tamén ten os seus problemas, sobre todo cando se trata de buscar unha discográfica que poidese ter interese nun concepto nada doado de catalogar. Román optou pola vía do medio: montar a súa propia compañía, Pequeñas Iluminaciones. ?"Esta é unha proposta distinta, e precisa dun mimo que unha compañía ao uso é complicado que lle dea, cun seguemento máis cercano e máis coidado, e ademáis é como un piloto de algo que aínda está empezando", avanza sobre o proxecto. De momento, xa ten o cuarto clip en marcha.

Un creador de sons

"Ante todo, eu son músico. E considérome máis un creador de sons que un instrumentista. Gústame o tratamento do son e os sintetizadores", marca Fon Román como declaración de intencións. Así tratou de plasmalo, tanto no seu primeiro disco Silencio roto en un jardín descuidado como no seu novo disco, Entretelas. "Este disco é máis rico en estruturas, ten máis variantes en canto a son, e é máis redondo", confesa este músico vigués ó que, ante todo, lle gusta experimentar e explorar novos sons, "obsesións sonoras", como el lle chama. "Son inquedo no sentido musical, e intento implantar o concepto do risco, do ruidismo, pero sen renunciar a outros camiños", explica.

Eses outros camiños van desde "experimentos para facer música para monxes budistas ata outras cousas raras". Ademáis das súas inquedanzas artísticas e do gusto por experimentar, Román ten sona de ter bo gusto musical, de recoller boas influencias e dar bos consellos musicais. "Recomendaría aos Lucky Dragons, uns rapaces que fan pezas artísticas con música onde a xente interactúa. Usan unhas programacións sofisticadas con un regusto caseiro. Eu teríaos en conta", apunta.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_