_
_
_
_
Análisis:Luces
Análisis
Exposición didáctica de ideas, conjeturas o hipótesis, a partir de unos hechos de actualidad comprobados —no necesariamente del día— que se reflejan en el propio texto. Excluye los juicios de valor y se aproxima más al género de opinión, pero se diferencia de él en que no juzga ni pronostica, sino que sólo formula hipótesis, ofrece explicaciones argumentadas y pone en relación datos dispersos

Cando o vídeo matou ás estrelas da radio

O primeiro vídeo que emitiu a MTV, na data estelar do 1 de agosto de 1981, foi, por razóns bastantes obvias, o videoclip de Video killed the radio star de The Buggles, un tema que fora número 1 no Reino Unido en 1979 e narraba a decadencia dunha vella gloria radiofónica eclipsada pola irrupción do novo medio de difusión. "As imaxes chegaron e partíronche o corazón / bótalle a culpa ao VTR [o video tape recorder, o magnetoscopio]". Aquí, recén abertas as fronteiras, o fenómeno tardou algo en chegar. A finais dos anos setenta, convivindo cos primeiros dos múltiples agromos do novo cine galego (en versión formal), houbera xa experimentos en súper 8 a cargo de Ignacio Pardo, Manuel Abad, Manuel Romón ou Xulio Correa. Pero "o vídeo", a videocreación, ten a acta de nacemento asinada en 1984, ano no que apareceron o seminal -que se dicía daquela- Veneno puro, de Xavier Villaverde, e Salvamento e socorrismo, de Antón Reixa.

Veneno puro era unha turbadora homenaxe a Arrebato (Iván Zulueta, 1978) que chegou a ser exhibida na Documenta de Kassel en 1987 e desde aquela non perdeu forza nin prestixio. Salvamento era un fresco e divertido palimpsesto musical-plástico de textos poéticos do daquela líder de Os Resentidos. Pero máis que á parella que nunca existiu Villaverde-Reixa, a paternidade do que veu háillela que atribuír en todo caso á máis formal Luis Álvarez Pousa -Manuel González. Pousa, como director xeral de Cultura do primeiro Goberno galego non preautonómico, o de Fernández Albor, e Manolo González na primeira das súas sucesivas encarnacións como valedor do audiovisual, puxeron en marcha unha política de promoción do sector que ía desde as axudas á creación e á exhibición ata a formación dos directores e produtores.

O resultado foi unha enxurrada de pezas, asinadas por Abad, Pardo, Guillermo Represas, Antón Caeiro, Eloy Lozano, Xosé Búa, Antón Mouzo, Carlos Amil, Jorge Rodríguez PGbllas,... e argalladas polas primeiras produtoras: Espello, Trama, VideoEsquimal... Unha tribo na que, como era habitual nas expresións artísticas daqueles tempos, todos se botaban unha man. O realizador dunha era o director de arte doutra ou operador de cámara nunha terceira. Producións que non tiñan relación -ou si: eran completamente opostas- aos paralelos intentos de crear un cine comercial de autor en Galicia. Eran na meirande parte experimentais e radicais sen concesións, subxectivas ata o narcisismo.

"Eu vivía en Madrid e daba a sensación de que as creacións que chegaban de Galicia eran máis frescas que as que viñan de lugares coma Cataluña, onde podían estar máis avanzados nalgunhas cousas pero facían pezas máis conceptuais e, ao mesmo tempo, tamén máis aburridas", dicía Fernando Suárez, o comisario da mostra Ficcións analóxicas. O vídeo na Galicia dos oitenta que lle dedicou a aquelas producións o CGAC hai tres anos. E sobre todo, aproveitaban as facilidades do novo formato, o vídeo, máis manexable e máis dúctil. Desde a inmediatez do botón de Rec á do visionado e da montaxe, pasando pola versatilidade técnica (as pezas eran unha apoloxía da saturación, os virados e as texturas). Non soamente porque o equipo, comparado cos de cine, fose máis accesible (aínda que baratos non eran, e por peso e tamaño, máis que portátil habería que definilo como "transportable": unha das primeiras baixas foi precisamente un magnetocospio que un equipo de Espello tivo que tirar desde un helicóptero para garantir a estabilidade do aparato). É que as producións eran moito máis difundibles grazas á fulgurante eclosión do electrodoméstico correspondente: o vídeo caseiro, Beta ou VHS.

Tamén grazas aos medios, particularmente á televisión. As videocreacións daquela non tiñan a esmagadora presenza que hoxe teñen nos centros de arte, pero si máis repercusión pública. A maiores de mostras e festivais, os medios tradicionais estaban ávidos -polo menos en comparación cos actuais- de apostar polo moderno e de recoller a creatividade que había. TVE tiña programas específicos con audiencias que, pola falta de competencia, superaban aos da telerrealidade de hoxe. TVG, nacida en 1985, buscaba o seu rumbo ás apalpadas e era bastante permeable ás novas tendencias e ao entusiasmo. "Con esta perspectiva condescendente cara a televisión non era de estrañar que este fora o medio que cercenou estas experiencias deglutindo aos seus autores, outros pasaron a ser ensinantes e outros crearon as súas produtoras para afianzarse industrialmente no chamado audiovisual galego", apuntaba o crítico Xurxo González en Tempos novos ao fío da exposición do CGAC.

A TV matou ás estrelas da videocreación? A maiores das limitacións do sistema cultural galego -e do español- para a pervivencia de calquera expresión que non sexa mainstream, e de que bastantes daqueles pioneiros deron desenvolvido logo unha traxectoria profesional no sector, tampouco é de esperar que a innovación veña de xente que xa cumpriu os 50. Aínda así, Ignacio Pardo seguiu traballando regularmente sobre os seus temas favoritos (o desexo, a culpa,...) e PGbellas tamén fixo recentemente algunha curta co espírito das vellas. E baixo a coiraza de empresario do audiovisual, Reixa, practicamente o único que daquela non era coruñés, persistiu nas súas teimas de mesturar as súas creacións literarias con referencias musicais e plásticas, en formato vídeo ou performance, como podemos comprobar agora no CGAC. "Bótalle a culpa ao VTR".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_