_
_
_
_
Luces

Davide Salvado, música para recuperar as esencias

O vocalista debuta en disco con 'Árnica pura'

Unha queixeira das montañas asturianas díxolle que a súa voz era "árnica pura" e a Davide Salvado gustoulle a comparanza cunha herba medicinal que exerce de remedio contra os golpes, as escordaduras e algunhas afeccións respiratorias. E, como unha planta tan delicada que está en perigo de extinción por mor da contaminación en moitas zonas de Europa e tan tóxica que, en doses elevadas, pode resultar letal, o vocalista de Marín decidiu chamar Árnica pura ao seu debut discográfico, que onte presentou diante dos transeúnte no barrio vigués do Calvario.

Voz e percusión a carón de Xosé Manuel Budiño e integrante da Banda das Crechas, membro do colectivo Ecléctica Ensemble, que mestura electrónica e sons tradicionais, actor e performer, ao superar unha década nos escenarios, a Salvado chegoulle o tempo de se entregar ao seu proxecto máis íntimo. Por iso, en canto puído contar co músico vallisoletano Eliseo Parra para os arranxos, con cuxa sensibilidade a prol dos ritmos tradicionais se identifica, Salvado escolmou 11 das súas cancións favoritas en galego, portugués e castelán máis un poema de Lucía Aldao e gravounas con cordas, percusións e voces.

"O meu gusto persoal lévame ao antigo, ao patrimonial, á música de raíz, o nexo común a todas os sons que me gustan, desde o popular galego á copla, sen outro criterio có meu íntimo, sen pretensións", explica o cantante, formado no canto e no baile tradicional "na escola da vida" cunha paréntese no Centro Galego de Música Popular, aCentral Folque. Amais dos que onte se sorprenderon en plena rúa ao descubriren un vocalista cun estilismo inesperado para un intérprete de boleros, o público da súa cidade natal e mais da Coruña xa tivo a oportunidade de gozar dos seus directos. "Encántame sobre todo que lles guste ás persoas maiores, as que o meu aspecto máis lles chama a atención, e acaban facendo comentarios moi positivos".

Árnica pura é outra en vivo. "Os arranxos son diferentes e coido a posta en escena con toda a intención de que cada concerto sexa diferente e non semelle o disco". O 18 de xuño estará na sala La Moreneta de Vigo co acordeonista Xan Pampín e o saxofonista Pablo Dalama.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_