_
_
_
_
Luces

Creadores visibles, filmes invisibles

"Parece moi bonito cando está feito, pero detrás hai un proceso longo, laborioso e solitario", afirma algo desanimada a cineasta Susana Sotelo. Despois de duros meses de traballo, o seu filme vive momentos incertos na súa fase final, cando precisa o empurrón definitivo para rematalo. "Ás veces, o mundo da creación é desmoralizante, e para min está a ser moi duro", confesa cunha pinga de amargura. Sotelo di chegar "moi xusta de forzas" a este momento crucial do seu traballo, despois de ter pasado por outras probas delicadas, como é o de ser muller e dirixir. "Foi moi duro, porque todo o mundo che bota pulsos. Hai dúbidas sobre a túa capacidade e póñente a proba todo o tempo. Sendo muller tes que traballar o cuádruplo", descrebe Sotelo sobre a súa experiencia, á que engade a carga emotiva da relación cos personaxes. "As emocións e vivencias son moi directas, apalpas aos personaxes, vives as vidas con eles, e hai que andar con tento, porque a forza da realidade pode levarte por diante", relata despois de ter pasado por un mes intenso de gravación. Agora pensa noutros problemas, o que teñen case todos os documentais, como é a distribución. "Despois de tanto traballo non sabes quen te vai ver. Esa é parte máis débil da estrutura, a distribución e a exhibición". A primeira saída que intenta un documental é a dos festivais, sobre todo no circuito internacional, unha das vías que explora Marcos Nine. O seu documental Radiografía dun autor de tebeos acaba de ter unha oferta de distribución dunha plataforma de contidos en EE UU, despois de ser seleccionado en importantes festivais nese país. Malia os festivais e premios que colleitou, non espertou nin o interese da TVG: "Ofrecémosllo o ano pasado, pero non houbo interese, daquela haberá buscar vías noutra parte", comenta Nine sen resignarse. Para este autor da Illa de Arousa, o asunto merece unha reflexión, "pensando en que hai varios autores, con traballos con identidade, e non unha única persoa que fai un filme aillado".

Sotelo: "Despois de tanto traballo, non sabes realmente se o vai ver alguén"

Máis esperanzas ten Xurxo Chirro, despois de que o seu film Vikingland fose seleccionado no prestixioso FID de Marsella. "É unha boa carta de presentación estar aquí. Agora espero outros festivais internacionais e hai interese para facer unha estrea estatal en Xixón ou Pamplona", avanza o cineasta guardés, que toma as cousas con calma: "Hai que ter moita pacencia, porque isto é moi complicado". Sandra Sánchez ten boas expectativas de que o seu filme sexa escollido "no segundo semestre do ano" no circuíto internacional de festivais, un dos puntos que traballa con esmero a súa produtora Fernanda del Nido.

"Precisamos visibilidade. Agora hai un cine feito en Galicia con vocación documental, que lle debemos á antiga Axencia Audiovisual, pero que precisa un último pulo: o da distribución" reivindica Pela del Álamo. Malia a súa xuventude, Del Álamo xa viviu varias etapas como creador. "Fraga apostou polo sector como industria, o bipartito apostou claramente polos creadores, pero agora non sabemos cal é a aposta, parece que se está derrubando todo o anterior", reflexiona o director de Nacional VI, ó tempo que matiza que "non se trata de pedir máis cartos á Administración, senón de chamar a atención sobre a rendabilidade social dos documentais, do que aportan á construción dun país". A nova fornada de documentalistas reinvindícase con forza e cun discurso ben armado. Pero os citados non son os únicos, hai unha longa ringleira entre os que están Eloy Enciso, Lois Patiño, Lara Bacelo ou Vicente Vázquez. A creación está sana, a distribución eivada.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_