_
_
_
_
Luces

O artista comprometido que Galicia non entendeu

Unha galería compostelá repasa a obra de Arturo Souto

A vida do pintor pontevedrés Arturo Souto (1902-1964) foi a dun home que viaxou sen descanso por razóns políticas, vitais e artísticas e seguramente ese continuo movemento fixo que hoxe en día sexa unha figura pouco coñecida e que ás veces semella non pertencer a ningún lugar concreto. Naceu en Galicia, viviu en Madrid, París e Roma antes da Guerra Civil e durante o exilio estivo en La Habana, Estados Unidos e finalmente en México, onde morreu despois de vivir alí 20 anos. A galería José Lorenzo de Santiago abriu hai poucos días unha exposición pequena en canto ao número de cadros seleccionados pero que permite ver con claridade as diversas etapas polas que pasou Souto na súa traxectoria artística.

"Trataron de convertelo nun pintor galego, pero non o foi"
A súa obra merece un maior recoñecemento do que ten agora

Souto tivo períodos moi diferenciados ao longo da súa carreira e na mostra atopamos exemplos de case que todos eles. Iniciouse cun modernismo decadentista, máis tarde a súa pintura viuse moi influída por pintores franceses coma Bonnard ou Toulouse-Lautrec e, coma consecuencia da súa etapa en Roma, a súa obra tamén rexistrou unha grande influencia do gran pintor metafísico Giorgio de Chirico. Tamén hai obras na que se percebe o influxo da arte xaponesa, e na súa etapa americana é evidente a pegada que deixaron os muralistas nos seus cadros. Unha vez concluída a Guerra Civil, Souto partiu cara o exilio, dende Valencia cara a Cuba e, posteriormente, vai a Nova York, Los Angeles e Filadelfia. En 1942, por mediación do seu amigo e poeta Torres Bodet trasládase a México. Alí quedou a vivir.

O profesor de historia da Arte e crítico Xosé Antón Castro destaca especialmente a condición de artista-militante que tiña Arturo Souto. "Coma dixo no seu momento Eugenio Montes, é o artista en loita por antonomasia", sinala Castro. De feito, participou activamente na propaganda republicana coa realización de debuxos e carteis. Castro considera que a súa figura está un tanto esquecida en Galicia e no conxunto de España e iso malia que "foi un pintor que tivo un gran prestixio en España antes da Guerra Civil". A súa obra foi escollida para representar a arte española en diversas mostras internacionais coma, por exemplo, a Exposición Internacional de París, celebrada no ano 1937, a mesma onde tamén se presentaba o Guernica de Picasso.

Segundo Castro, a explicación para que a súa figura non teña o recoñecemento que merece e que nunca tivo un valedor. "Creo que ademais resultou prexudicial que tratasen de convertelo nun pintor galego cando realmente non o é. Foi un pintor internacional que naceu en Galicia pero que viviu case sempre fóra de Galicia. Tampouco lle beneficiou o feito de exiliarse en México porque era un país que non formaba parte do circuíto internacional da arte", explica Castro. Ao seu xuízo, a obra de Souto merece un recoñecemento similar ao que tiveron outros pintores galegos da época, coma Colmeiro ou Maside. "Creo que a súa obra merece, por exemplo, formar parte da colección de pintura do museo Reina Sofia, pero o certo é que non está", explica Castro.

Souto volveu a Galicia en 1962, pero acabou defraudado porque a súa obra non foi apreciada. Permaneceu en España ata principios do ano 1964 e logo marchou a México, onde morre poucos meses despois. Agora é un bo momento para repasar a súa obra porque a mostra da galería compostelá é tamén unha viaxe por toda a traxectoria vital de Souto. "Foi un pintor stendhaliano no sentido de que a súa obra vai mudando segundo a xeografía coa que se atopa", conclúe Castro. Así non resulta estraño que poidamos atopar cadros de paisaxes mariñas xunto a retratos de prostitutas parisinas ou de mulleres indíxenas de América Latinas que lembran as obras de Gauguin.

Souto foi tan viaxeiro que se cadra nin sequera terminou sendo galego, pero na súa pintura tamen se perciben ecos da terra que o viu nacer. Outras das súas peculiaridades é que en moitas ocasións pintaba de memoria e así moitas obras realizadas en México correspóndese coas vivencias durante a súa etapa en París, por exemplo.

Aínda que, coma sinala Castro, Souto non foi un artista que lle dese a mesma importancia que outros dos seus contemporáneos á súa terra de orixe, a calidade e importancia da súa pintura merecen un maior recoñecemento do que teñen na actualidade. A galería José Lorenzo faille agora unha pequena homenaxe, pero a historia débelle un lugar máis destacado a este pintor político.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_