_
_
_
_
Análisis:Luces
Análisis
Exposición didáctica de ideas, conjeturas o hipótesis, a partir de unos hechos de actualidad comprobados —no necesariamente del día— que se reflejan en el propio texto. Excluye los juicios de valor y se aproxima más al género de opinión, pero se diferencia de él en que no juzga ni pronostica, sino que sólo formula hipótesis, ofrece explicaciones argumentadas y pone en relación datos dispersos

O noso Brasil

Definitivamente Brasil é un país que está de moda. A riqueza en materias primas, as políticas dos dous últimos presidentes, Cardoso e Lula, e o factor humano do brasileiro orgulloso de selo, creativo e consumidor compulsivo, son outros tantos factores do milagre. Por eso a nova emigración española chega vestida das grandes empresas (Santander, Telefónica, Repsol, Mapfre, Gas Natural....) que ocupan lugares destacados nos seus respectivos sectores. Lóxicamente hai empresas galegas como Inditex ou Calvo -que en Brasil se chama Gomes da Costa- que cubren a nosa cota con grande prestixio. Pero no sector cultural o panorama deixa moito que desexar, como xa sinalei, nestas mesmas páxinas, noutra ocasión. Como nas balanzas comerciais, o amor mutuo entre España e o Brasil presenta importantes desequilibrios.

O disco de Carlos Núñez apenas se escoita nas radios brasileiras, moi nacionalistas na súa programación
Más información
Territorio da 'galeguia'

Nos dous últimos anos, por poñer tres exemplo, España otorga o premio Velázquez de pintura a Cildo Meireles, o premio Quevedo ó caricaturista Ziraldo e o premio da Seminci á película brasileira Estómago, pero no Brasil a película de Fernando Trueba El milagro de Candeal, feita en Salvador de Baia, en 2004, segue sen ser estreada en circuítos comercais. No tocante a Galicia en concreto, o fermoso CD de Carlos Núñez Alborada do Brasil, que como se sabe, conta con nomes tan importantes da música brasileira como Adriana Calcanhotto, Fernanda Takai, Lenine, Carlinhos Brown ou Jacques Morelembaum, non se escoita nas radios locais, tremendamente nacionalistas nas suas programacións musicais. Quere dicir que non hai que facer estes traballos cheos de amor por ese gran país de inmensa riqueza cultural e humana? Ó contrario. Como aparece no título deste artigo, os galegos temos que mudar "o meu Brasil brasileiro" da máis universal das cancións brasileiras, por "o noso Brasil".

Galicia, e todas as forzas políticas, sociais, económicas e culturais, teñen que deseñar una estratexia para facerse presente, como parte da familia que somos, nese "país de futuro" xa presente, vivo, cheo de puxanza. Non chega cos esforzos illados dos lectores de galego nalgunha universidade que consegue unha actuación d'A Quenlla ou a sorpresa de encontrar un maravilloso libro sobre Belo Horizonte, capital do Estado de Minas Gerais, deseñado e escrito por ese grandísimo artista que se chama Miguelanxo Prado, ou esa misión comercial dos meus paisanos da Ribeira Sacra luguesa que queren introducir o seu viño dos emperadores romanos a pesar das dificultades arancelarias que Brasil presenta para todo o que non chega de Mercosur.

Hai que aproveitar a rede dos nove Institutos Cervantes, a máis numerosa do mundo nun so país, en Brasilia, Belo Horizonte, Curitiba, Florianópolis, Porto Alegre, Recife, Río de Janeiro, Salvador de Bahia e São Paulo. Ben o saben no Consello da Cultura Galega tanto o seu presidente Ramón Villares como Henrique Monteagudo, que tan claro teñen esta necesidade froito das suas visitas ó Brasil. E ben o sabe o xerente do Xacobeo 2010 e os profesores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) que foron testemuños do grande interese dos brasileiros polo Camiño. Proba diso é que, segundo os mesmos profesores sinalaron, son os que máis peregrinan despois dos alemáns e os franceses e son os que enchen maioritariamente os cursos que a USC celebra sobre este tema. Hai que estar presente na FLIP (Feira Literária Internacional de Paratí) a onde acoden os máis importantes escritores do mundo e onde non hai xustificación para que non haxa ningún escritor galego da excelente nómina que ten o noso país. Hai que conseguir que os nosos artistas plásticos, audiovisuais, etcétera poidan expoñer nos grandes recintos culturais de São Paulo da man do Centro Cultural Español, dependente da Axencia de Cooperación Internacional (AECID), e dirixido por unha coruñesa, Ana Tomé. Tamén se pode pensar nun espazo para artistas galegos no Centro de Arte Contemporánea Inhotim, o máis espectacular e futurista complexo de seis edificios e miles de metros cadrados ó ar libre, situado en Brumadinho, a 60 kilómetros de Belo Horizonte, e onde seu creador, Bernardo Paz, invitado ó Foro de Davos da semana pasada, ofreceume a posibilidade de dedicar un espazo a artistas españois con dúas condicións: sen a intervención de intermediarios nin marchantes e rotatorio para que teñan posibilidade de darse a coñecer o maior número posible de creadores. Como non lle din resposta mentres estaba alí, entendo que a porta está aberta para os galegos.

O obxectivo é facer noso este Brasil no mellor sentido, non de posesión senón de pertenza como a nosa familia. A tarefa paga a pena.

O xornalista Manuel Lombao (Lugo, 1943) foi director do Instituto Cervantes de Brasilia entre 2008 e 2010.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_