_
_
_
_
Luces

Arriola, de neno prodixio a maduro compositor sinfónico

A historia do Mozart galego conta, dende onte, cun libro monográfico. O Consello da Cultura Galega presentou Arriola, música, unha biografía musical sobre o gran neno prodixio do piano de primeiros do século XX obra de Luís Mera e Joám Trillo e coordinado por Ramón Castromil. Coa biografía, tamén se presentou a edición de varias obras sinfónicas e un cuarteto de Arriola, quen desenvolveu unha gran carreira pianística en Alemaña até a rendición do III Reich no Berlín de 1945.

Maximino Zumalave, director asociado da Real Filharmonía de Galicia, describe a música de Arriola como "a mellor, sen dúbida, dun compositor galego da primeira metade do século XX". O propio Zumalave executará dúas das obras, o Divertimento concertante para dos pianos y el Concertino para piano y orquesta, en un concierto extraordinario de la Filharmonía o mércores 16 de xuño no Auditorio de Galicia de Santiago. Os irmáns Del Valle e Joaquín Soriano serán os solistas.

Arriola naceu en Betanzos o 14 de decembro de 1895, fillo de nai solteira -Josefa Rodríguez Carballeira, entón residente en Ferrol-, lonxe da daquela moina sociedade da súa cidade, onde foi criado pola súa tía Aurora. Aquela muller viu abraiada como Pepito, con apenas dous anos e medio, reproducía no piano case calquera melodía que escoitase. Josefa, daquela, levouno para Madrid, onde debutou con menos de catro anos e, bolsado pola raíña María Cristina, estudou Leipzig, con Arthur Nikisch, e en Berlín, nada menos que con Richard Strauss.

Arriola desenvolveu unha gran carreira como concertista e chegou a ser nomeado pianista da corte do káiser Guillerme II e realizou xiras por todo o mundo acompañado e acompañando as mellores orquestras. Coñecidas as súas obras para piano, cando morreu, en Barcelona o 24 de outubro de 1954, quedou inédita a súa obra sinfónica, agora parcialmente descuberta. Zumalave salienta a influencia de Strauss no seu "sentido da forma, a orquestración e o uso do contrapunto, que indican o coñecemento profundo do mundo da composición".

A Pepito Arriola alcumárono, no seu día, o Mozart galego. A comparación resulta dobremente atinada: pola súa precocidade e pola explotación que a súa nai fixo do seu talento en xiras e concertos. A proxenitora de Arriola tamén alistou as súas fillas Pilar e Carmen Osorio, nadas do seu matrimonio en 1906 con Amando E. Osorio y Zubala, o fundador do Sanatorio Ruber de Madrid.

As irmás Rodríguez Carballeira tiñan un gran sentido da propiedade sobre os seus fillos. A tía Aurora, a que criou a Pepito os seus primeiros anos, protagonizou en 1933 o denominado Caso Hildegart. Daquela, matou mentres durmía á súa filla Hildegart, concibida como experimento, frustrado no caso de Pepito ao se facer cargo del Josefa. O obxectivo do mesmo era mudala primeiro en nena prodixio e logo en personaxe destacado da II República. As inventadas conspiracións que Aurora vía por toda a parte contra a súa "escultura de carne" levárona ao cometer o asasinato.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_