_
_
_
_
Luces

Vicente Blanco gaña o Premio Jove de Artes Plásticas

Entre 356 obras, foi Contrato para paisaje, de Vicente Blanco Mosquera, a que levou onte os 12.000 euros do IV Premio Internacional de Artes Plásticas da Fundación María José Jove. Un xurado composto polo fotógrafo Chema Madoz, o crítico Miguel Fernández-Cid, o profesor portugués Baltazar Torres e a gañadora anterior, a colombiana Gloria Herazo, destacou na obra a "valentía da linguaxe artesanal e o dominio da articulación compositiva".

O que presentou Blanco (Santiago, 1974), dacabalo entre o seu estudio berlinés e a a Facultade de Maxisterio de Lugo, é unha colaxe en relieve feita con tinta e papel recurtado sobre cartón, con elementos destruídos ou esquecidos do seu entorno máis próximo. Partindo das arquitecturas franquistas de Castro Ribeiras de Lea, quixo "reconstruír e descontextualizar" para crear unha paisaxe nova noutro contexto. "Interésame cómo se constrúe e se presenta a identidade nos obxectos e na paisaxe", di. E ironiza: "Anque son edificios construídos no franquismo, aseméllanse bastante á vella arquitectura socialista que vexo en Berlín, o que pasa é que alí a especulación é delicto". A partir das colaxes, Blanco adoita facer fotografías e animacións para construír historias enriba delas. Un dos relatos deste Contrato para paisaje, que xa se visionou en Amberes, preséntase este fin de semana en Art Amsterdam. Blanco, que xa expuxo individualmente en Bélxica, no Reina Sofía ou no CGAC desque en 1998 se dera a coñecer en Santiago con Luces de artificio, aínda non atopou acubillo en Galicia para os novos vídeos. En parte, di, pola inexistencia de "espazos de mediación entre as galerías e os museos".

Canda Blanco, a Fundación María José Jove recoñeceu os traballos da italiana Alessia Rollo, do granadino José Guerrero e da coruñesa Victoria Diehl, de base fotográfica, e da valenciana Silvia Lerín en pintura.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_