_
_
_
_
_
Luces

Primeira antoloxía en inglés da literatura galega

"O engado é ir pasando pola historia da literatura galega non a través dun texto académico, senón por medio dos propios autores", di o editor e tradutor inglés Jonathan Dunne. Anthology of Galician Literature, a primeira antoloxía en inglés da literatura galega, recolle nunha edición bilingüe oito séculos de produción poética, narrativa e ensaística, cun epígrafe para a literatura de tradición oral, que empezan en 1196 -co primeiro escrito en galego-portugués que se conserva, segundo a datación de Anxo Tarrío- e rematan co Estatuto de Autonomía. 22 tradutores para 46 autores (seis anónimos), escolmados por 55 especialistas. Ás veces os propios autores, caso de Novoneyra, Ferrín, Neira Vilas e María Xosé Queizán.

"É un volume de interese histórico para o lector xeral", convén Dunne para un libro cuxas posibilidades "van de Mendinho a Ferrín". Un segundo volume en preparación, ata 2011, terá a engádega para os editores estranxeiros de sacar a relucir aos autores actuais. O tradutor de Rivas ou Vila-Matas remarca o escaso relevo da literatura galega no mercado anglosaxón, tradicionalmente autosuficiente, malia ás últimas versións de Chus Pato, María do Cebreiro ou Domingo Villar. "Os únicos que venderon máis de mil exemplares son Rivas, Villar e o Cunqueiro de Merlin and company. En comparación co que atinxe ao ensino do idioma, a través das traducións fíxose pouco esforzo".

Distribución

A lista de autores, por xéneros e obras, levábaa maquinando desde 1997. Co apoio das historias dispoñibles daquela, Dunne foi tracexando a escolla "máis representativa", que inclúe os Seis poemas galegos de Lorca. As posibles omisións fíanse ao criterio dos escolmadores ou á periodización. Así, no postwar period que vai de 1939 a 1981, no que respecta á poesía, os derradeiros extractos son de Manuel María e Novoneyra. Non entraron López-Casanova ou Manuel Vilanova, e de Ferrín resérvase, en narrativa, o seu propio despece d?O crepúsculo e as formigas.

Anthology of Galician Literature, na coedición de Xerais e Galaxia, será presentado pola Consellería de Cultura o 5 de xuño. Entón debería saberse cómo se distribúe o libro fóra. "Diríxese a todos os lectores que falan en inglés", recorda Dunne. "Á miña moza, que é unha poeta búlgara, encantoulle In the light of the oil lamp. Como ía acceder ao Fole d?Á lus do candil se non é a través desta antoloxía?".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_