_
_
_
_
Luces

Un ensaio sobre a xeración do cambio social gaña o Piñeiro

"Por moito que nos intenten explicar o franquismo, hai que vivilo", convén o sociólogo Manuel Pérez Rúa, gañador onte do Premio de Ensaio Ramón Piñeiro con Retrato da xeración de 1950. Microhistoria do cambio social na Galicia contemporánea.

Un traballo acumulado desde 1999 que empezou co retrato de nove amigos da parroquia moañesa de Meira. A partir daí, ata un total de 30 entrevistas que inclúen os testemuños de Ramón Villares, Antón Seoane, Xan Bouzada -adícalle o libro ao sociólogo falecido-, Xerardo Estévez ou Xan Carmona. "Toda xente que naceu entre 1948 e 1952", escolleu o sociólogo, que quere dar unha dimensión de vida do cambio social. "Permíteche facer unha comparación cos seus pais, os do cuarto de século, e cos avós". É dicir, a viaxe do rural ao urbano.

Por capítulos, Pérez Rúa comeza na infancia, "onde compoñedores, médicos e meigas convivían xuntos, o traballo era natural e o pai adoitaba estar ausente" e remata na política de Falar en voz baixa: paseados e fuxidos. Polo medio, a iniciación sexual "a través da prostitución e a pornografía de calendario de zapateiro", o traballo e o urbanismo. "Cómo pasaron de escoitar o eco sen darlle importancia", precisa neste punto, "a unha paisaxe convertida en recheos, vivendas unifamiliares e parque móbil irracional". "Case todos coñeceron o percorrido da auga encanada do pozo á auga clorada da cidade", resume.

Estructura paralela

A estrutura paralela do libro decidiuna a formación dos entrevistados. "Os 9 amigos de Moaña teñen algo máis có graduado, o que xa os separa dos seus pais". Se tivese que facer un balance con indicadores xenéricos, son a xeración "que máis perde o idioma, cunha gran desafección pola práctica relixiosa". O que vai dos 9 de Moaña aos universitarios é grande: "Nos 60 rompe Citroën, Barreras, Ascón, está a revolta dos conxelados de Pescanova... Moitos deles emigraron a Vigo e emancipáronse moi pronto".

Noutra escala de estudos regrados, as viaxes persoais foron a Berlín, onde Mini -d'A Quenlla- e Benito Losada, hoxe director da Casa da Xuventude de Ourense, viron por primeira vez unha caixa de condóns. Os universitarios están arrexuntados en epígrafes como De catequistas rebeldes a cristiano-bolcheviques. "Hai unha transversalidade da relixión", ironiza. "Da católica, apostólica e romana daquel Santiago á UPG ou o PCE".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_