Galaxia editará en castelán en México e Kalandraka entra en Brasil
Críticas dos editores á "improvisación" da presenza galega en Guadalajara
A ladaíña dos gastos "millonarios" nas feiras internacionais -co exemplo dos mojitos de La Habana, sempre en boca do deputado do PP Ignacio López-Chaves- ocupou boa parte do tempo parlamentario do PP durante o Goberno bipartito. Recuperado o poder, e de quitado Cuba, o certo é que a cultura galega segue estando representada nas feiras do libro. Ese foi o compromiso do conselleiro, Roberto Varela, cos editores nada máis comezar o outono. O que falta agora, segundo eles, é saber "cal é o plan".
En varios sentidos: para reducir o paradoxo dunha cultura, a galega, afogada no mercado interno e privilixiada para mediar con Iberoamérica, e -no día a día- para saber cales serán as liñas de desenvolvemento do Ano do Libro e da Lectura 2010.
"O stand galego en Jalisco non estaba á altura da feira", aseguran
Sobre o Cultur.gal: "Non se pode patrimonializar a cultura"
A recente Feira Internacional do Libro de Guadalajara (FIL), a máis importante do mercado cultural en español de Iberoamérica -40 países, 600.000 visitantes e transaccións comerciais por riba de 15 millóns de euros- deu varias medidas ao respecto. A representación autóctona visualizouse a través do stand que compartían Cultura e a Asociación Galega de Editores (AGE). Kiko da Silva e Carlos Portela impartiron un taller de cómic a cargo da consellería; o resto pagouse a través dunha subvención que lle concede á AGE o Ministerio de Cultura. "Arroupados pola Administración? Coma o ano pasado", afirma o presidente dos editores, Alfonso García Sanmartín. "Pensabamos aterrar cunha caste de Semana de Galicia en México, pero ao final houbo que refacelo". Si conseguiron organizar, dentro da programación oficial, os encontros de Fina Casalderrey, Alfredo Conde e Manuel Rivas con estudantes e lectores mexicanos, e unha mesa redonda compartida sobre edición independente. Kalandraka, Do Cumio e Galaxia coas mexicanas Almadía, Nuestra Ediciones e Sexto Piso.
Coma os demais, Sanmartín critica a feitura do stand galego, que -di- "non estaba á altura". Todos os consultados coinciden en que "a sensación de improvisación tamén era grande". No profesional, Sanmartín valora a porosidade do empresariado mexicano. "Estamos intentando integralo no noso proxecto, porque a acollida é moi boa".
A necesidade dun proxecto sae tamén de Xosé Ballesteros, director de Kalandraka. A editorial ponvedresa, que vende en Colombia, Chile e Arxentina con diferentes aliados, deuse a coñecer en Guadalajara en 2001. Ao primeiro traballaron cos distribuidores mexicanos, e hai tres anos decidiron instalarse alí. Libros para soñar é a marca que xunta a Kalandraka, Faktoría K, a brasileira Callis e a mexicana, especializada en poesía, Obra Negra. Agora o paso é, directamente, comezar a editar en portugués do Brasil. "Callis fai libros de coñecemento, e nós libros ilustrados. Complementámonos". O mercado galego supón o 20% da facturación de Kalandraka, que edita ao ano uns 350.000 exemplares. No que lle toca, Ballesteros fala de internacionalización: "O que fixemos ata agora fixémolo nós. Co goberno actual e co anterior". Tanto Ballesteros coma Sanmartín, que non puideron estar en Achegarte -substituto sen axudas de Cultur.gal, a feira da industria cultural desbotada co novo Goberno- falan de "evitar patrimonializar a industria cultural".
No seu balance de Jalisco, Freixanes volve sobre os "espazos de expansión". "Temos que buscalos, pero para dar ese salto debemos asumir a vocación de proxectarnos internacionalmente". No concreto, Galaxia ten intención de levar títulos galegos ao español de México . E un experimento en Uruguay que chama "o proxecto Pescanova". Unha empresa editorial mixta que será a marca en Montevideo de Galaxia e da charrúa Losa Libros.
O director de Galaxia subliña a necesidade de "concretar" por parte da Consellería. Cultura, pola súa parte, di traballar nelo. Galicia non será cultura convidada na FIL de 2010 -escolleron a Castela-León-, e para os seguintes soan China e Alemaña. Se a intención de Francisco López era acudir "non só co sector editorial, senón coa economía, o Camiño e o patrimonio", os editores remarcan que Jalisco é "unha feira do libro". 2012, en calquera caso, xa non será Ano Santo.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.