_
_
_
_
_
A VER | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

Auditoría a viciosos

Un ten a impresión de que hai tempo que non ocorren cousas na cultura galega. Ninguén agarda tampouco que ocorran. Houbo momentos nos que se xerou certa expectativa, parecía que a cultura en galego desembarcaría na sociedade. Hoxe xa non a hai. A cultura galega afronta unha situación histórica moi adversa, é certo, iso non empece que asuma a situación en que está e da que non dá saído. Precisa autocrítica.

Ser autocrítico non é tampouco ser parvo. O peor de estar oprimido, minorizado, é que, aínda por riba, un se sinte culpábel. O vencido é un estorbo para o progreso (o progreso do vencedor, naturalmente). O galego é un estorbo para o avance da gran lingua do Estado e os creadores en galego son unha interquinencia nese progreso. Son culpábeis e deben xustificarse e dar explicacións. "A ver, que andades a facer vós? Que pretendedes? Iso non dá gaño. Sodes uns fracasados". Esta Xunta ten unha retórica culpabilizadora da nosa cultura, da nosa identidade mesmo, e dinos de moitas maneiras que deixemos de parecer galegos canto antes e nos imitemos aos nosos veciños de determinadas provincias españolas (aos vascos e cataláns non, a eses non). E así, o conselleiro de Cultura anuncia que ven facer unha auditoría porque a creación cultural está nun "círculo vicioso". E tan viciados estaremos? Tan viciosos?

Está ben que se auditen tanto as empresas privadas como a administración pública, que se revisen os resultados das políticas e a súa rendibilidade social. O conselleiro de cultura anuncia o seu propósito de "acabar coas subvencións ás industrias culturais e comezar a falar, con propiedade, de industrias culturais". O libro galego, por exemplo, non ten máis axudas que o libro en castelán, co que compite. Por que hai que culpabilizarnos? E non reciben subvencións o sector pesqueiro, a Citroën, atentos ás caixas de aforros... Por que na cultura iso é culpábel? Por que han ser menos dignos os creadores de cultura que os bancarios, fabricantes de autos, armadores?

O malo de xogar nun equipo e competir espidos e descalzos é que os dos outros equipos xogan con camiseta, pantalón e botas con tacholas. E ademais fan cada entrada! O peor é ver o conselleiro facer de árbitro do partido. Nós queremos que traballe de adestrador do noso equipo, mais el di que o noso equipo non precisa adestrador e que gusta de arbitrar. Di ser un árbitro serio, profesional, neutral, mais os do equipo descalzo vemos como pita moito contra os da casa.

Esta Xunta recurtou moito os orzamentos sociais e os de cultura, un 22%, podemos comprender que así se poden facer menos cousas aínda que teñan máis ou menos racionalidade. Non entramos a valorar o recorte, só pedimos que o adestrador non xogue de árbitro e que pare de nos amosar tarxetas amarelas e vermellas. Que ten que xogar co noso equipo.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_