_
_
_
_
Reportaje:Luces

Entre Leiro e Sotomayor

Caixanova saca á luz 86 obras da súa colección privada, que abrangue dende o Romanticismo ata os contemporáneos

Desque Caixanova iniciou a súa práctica colecionista, a mediados da década dos anos 60, e ata datas recentes, as adquisicións de arte galega da entidade financieira suman arredor de 5.000 pezas. Pintura, escultura, gravado, fotografía, debuxo e novas tecnoloxías forman parte dunha coleción que ilustra un periodo de creatividade a partir do século XIX, pero que, sobre todo no intre do seu nacemento, tamén resultou decisiva para a posta en valor dunha inxente nómina de artistas galegos, hogano con prestixio recoñecido e presenza en importantes centros de arte internacionais, emerxentes daquela.

A mesma intención de descuberta pilota as escollas actuais por determinados creadores contemporáneos que forman parte dunha das dúas liñas de compras dos expertos en arte da fundación. A outra consiste en afondar no coñecemento de autores consagrados mediante a captación de pezas emblemáticas das súas traxetorias. Para as dúas, o orzamento situábase en torno a 900.000 euros anuais nos últimos tempos. Por exemplo, cos presupostos de 2007 e 2008 mercáronse unha trintena de exemplares. A conta de 2009 será algo máis cativa, xa que a caixa reduciu a 600.000 euros a partida dispoñible durante este ano para aumentar a listaxe.

Nas tres primeiras edicións visitaron a mostra unhas 200.000 persoas
Entre as pezas novas está o cadro 'Muller loira' de Maruja Mallo

Lonxe de permanecer durmidos en almacéns, os fondos propios da caixa están pendurados das paredes de oficinas comerciais, sucursais bancarias, centros formativos e mesmo despachos de profesionais e de directivos. Desde 2003, a Obra Social de Caixanova organiza, con certa regularidade, exposicións no seu Centro Social ubicado en Vigo para exhibir ao público parte do tesouro, un catálogo considerado como unha das meirandes e máis completas antoloxías de arte galega dos séculos XIX e XX dispoñíbel, na súa totalidade, a través dunha web que axiña será obxeto dunha profunda renovación.

As tres primeiras edicións do Espazo Colección Caixanova foron visitadas por 200.000 persoas nas sedes de Pontevedra e de Vigo, ubicación que, desde onte, volve abrir as súas portas gratuitamente e con aspecto reformado para amosar a cuarta selección, integrada por 86 obras. Trinta son as pezas novas, como Muller loira (1951) de Maruja Mallo, mercada a un coleccionista londinense, ou un lenzo de técnica mixta datado en 1975 que pode ser a primeira obra do constructivista Manuel Pailós que teña recalado en Galicia; outras levan tempo en poder da caixa pero nunca antes se deixaran ver en público, como Despois do baile (1947), de Juan Luís López. A outra metade da exposición, aproximadamente, rescata composicións xa antes exhibidas, como os murais de Castelao (O emigrante, 1916; O regreso do indiano, 1918).

Unha paisaxe de Jenaro Pérez Villaamil, mestre do Romanticismo español, datada en 1833 dá a benvida ao visitante e transmite unha diáfana declaración de intencións: situar a procedencia galega dos artistas representados só como punto de partida para descubrir, canda eles, as correntes senlleiras da arte universal. En idéntica expresión está a comparecencia do lenzo Dama lendo a carón dunha fiestra (1926), de Fernando Álvarez de Sotomayor, un clásico imprescindíbel desta colección que "contén todo o que convertiu ao pintor no mellor retratista do século XX en España: a elegancia inglesa e os detalles da pintura flamenca", indica a responsábel de exposicións de Caixanova, Paloma Vela.

A procura das influencias e os estilos, de París a Nova York, do compromiso social á arte como o pracer de crear conduce ao espectador dunha sala á outra, da contemplación dunha pintura de Luís Caruncho a unha talla de Francisco Leiro. Desde a pincelada expresionista d' Espido en dourados (1974) de Ricardo Segura Torrella, evocadora da estraña beleza retratada polo cotizado Lucian Freud, ao tratamento dixital do corpo nunha fotografía de Victoria Diehl realizada en 2004. E, como un alto no camiño, unha homenaxe entre a miscelánea. A piques de se conmemorar o centenario de Luís Seoane, en 2010, Caixanova adianta a lembranza da súa figura cun apartado específico dentro da exposición que garda tres cadros del.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_