A aldea volve ser plató
O Festival de Cans, que acaba de acadar o Premio da Crítico, chega á súa sexta edición cunha homenaxe a Xavier Villaverde amais de varias estreas
Hai un mural na aldea de Cans (O Porriño) que resume o quen é quen do audiovisual galego. Non están todos os que son, pero as ausencias son poucas. Trátase das fotografías dos rostros máis coñecidos dun sector que, polo de agora, acada na televisión as súas meirandes cotas de difusión. Todos eles pasaron polo Festival de Curtametraxes de Cans, na aldea máis mediática de Galicia, alomenos durante unha fin de semana desde hai seis anos.
Nesta altura, en Cans xa levan un par de días festexando na intimidade, antes da avalancha da fin de semana. A climatoloxía de maio non é como a de decembro, cando se celebra Santo Estevo, o patrón da parroquia, así que as festas propiamente ditas son as do festival. Daí nace a peculiar idiosincrasia deste certame que se desenvolve en paralelo ao seu case homónimo francés, Cannes. A organización corre por conta da Asociación Cultural Arela, formada por mozos do concello e algúns voluntarios, dirixidos polo xornalista Alfonso Pato, o pai da criatura. Pero non habería festival sen veciños, que traballan arreo para que ninguén bote nada en falta, e iso que os visitantes se contan por milleiros. Na edición anterior foron 5.000. E iso que só uns poucos acaban sentando nos seus galpóns, adegas e baixos, acondicionados como salas de proxección, para visionar as curtad a concurso.
Na aldea xa levan un par de días festexando na intimidade
Cinco directores galegos adiantarán as súas últimas producións
Bares como o de Moncho teñen estes días máis clientes ca nunca, e o mesmo acontece na Escola Vella, no epicentro, e no Forte, ao outro estremo da aldea. Todos están ben aprovisionados porque nunca se sabe moi ben cómo pode acabar a noite.
O chimpín, o pequeño motocultor empregado nos labores agrícolas, é un dos símbolos do certame, como a alfombra vermella da Avenida da Croisette o é da competencia. Guiados polos mellores coñecedores das corredoiras, público e estrelas devecen por dar unha volta a bordo do transporte oficial de Cans. "O que fai diferente este festival é que aproveitamos os elementos do medio rural para promocionar este lugar e mailo sector audiovisual galego", explica un dos membros de Arela, Moisés Álvarez Jorge. A Fundación Premios da Crítica Galicia 2009 recoñeceu o Festival de Cans na categoría de iniciativas culturais.
Esta tarde, unha foto de familia co realizador homenaxeado Xavier Villaverde e cos membros do xurado será o comezo oficial do certame, que onte abriu a estrea d' A noite que deixou de chover, de Alfonso Zarauza, e o acostumado concurso de videoclips. O baixo de Moncho acollerá hoxe un dos pratos fortes desta edición. Cinco realizadores galegos (Quique Otero, Jorge Coira, Fernando Cortizo, Pablo Iglesias e Mario Iglesias) farán un adianto das súas últimas producións. A continuación, a escritora Lucía Etxebarría e o director Rubén Coca presentarán, como primicia, a curta de animación A nena que tiña unha soa orella, nacida dun relato de Etxebarría debuxado por Víctor Coyote. E como non hai noites de Cans sen música no torreiro da igrexa, a xornada rematará coa estrea da nova banda rockabilly da polifacética Teté Delgado, Los Ciclones, e co concerto de todo un clásico a altas horas, Kiko Veneno.
Para o sábado, o actor Morris conversará nunha leira con Manuel Martín Cuenca, director de La flaqueza del bolchevique e do documental Carrillo, último testigo. E para a fin de festa, La Tuna Rastafari, Cé Orquestra Pantasma e Lamatumbá.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.