_
_
_
_
Luces

'Vai de Camiño' levará máis de cen concertos a vilas do país

A vila de Narón vivirá, o vindeiro domingo, un desembarco de cantautores. Carlos Bau, Paris Joel, Pablo Rubén Fernández, César de Centi, Xurxo Mares, José Luis Paz, David Taboada e Fátima Baña despregarán, a partir das oito e media do serán no Auditorio, a súa conxunción clasicista de texto e música. O cónclave desenvólvese dentro do programa Vai de Camiño, da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, dependente da Consellaría de Innovación e Industria. Por Narón, en Ferrolterra, pasa o denominado Camiño Inglés de Santiago.

A cuarta edición de Vai de Camiño comezou o 23 de xaneiro no Círculo das Artes de Lugo. O espectáculo de danza de Thomas Noone Dance, Crush-Chaos, encetou unha programación que, este ano, ofrece a novidade de estruturarse en dous bloques, un específico para o inverno e outro de verán. Até o mes de abril, haberá "propostas artísticas adaptadas aos espazos cubertos dispoñíbeis nos concellos polos que transcorren as diversas rutas xacobeas". Amais dos cantautores -en nove encontros diferentes-, circularán grupos de danza, canción de autor ou "concertos de pequeno formato".

Canda novos intérpretes como Andrés Suárez, Samuel Levi ou Roberto Sobrado, o Vai de Camiño convoca a veteranos da escena en Galicia: Xoán Rubia, Miro Casabella, María Manuela, Xoán Eiriz, Xurxo Mares ou Joaquín Lera. Kimuru e Kike Ganso subirán ao escenario de Miño o 20 de febreiro; en Vedra serán, ao día seguinte, Joe Barnara e Najla Shami e o 24 de febreiro, en Mos, Andrés Suárez e Yomelo Montoslo continuarán o calendario programado. O 6 de marzo volverá haber xuntanza de cantores en Culleredo.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_