Música, xudeus e Cola Cao
TAN IMPORTANTE era a música e non nos decatabamos. Aí vai tanta xente cos cabos saíndo dos ouvidos, metendo a música do seu MP3 na cabeza. De maneira que o que estaba a desexar tanta xente era vivir dentro dun filme.
SUITES PARA VIVIR. De cando en vez hai que voltar ás suites para violonchelo só do Bach. En escoitándoas un comprende que esa música é a realidade. O que estabas a ver e a escoitar era ruído que non che permitía ver nin ouvir, eran os veos que non che permitían atender ao real. Esas suites son a realidade verdadeira.
TODO É FACER A PROBA, soportan todo. Mesmo escoitalas como música de fondo das imaxes do televisor, saltando dunha canle a outra: un anuncio de yogures, unha inundación en Asia, un programa do tipo gran hermano, a destrución de Gaza... Poden con todo e revelan a verdade última desas imaxes que antes só nos atordoaban. Revelan o humano e espertan a compasión polos humanos.
APARTGUETO, así se lle había chamar a ese lugar purgatorio onde Israel encerrou aos palestinos logo de quitarlles casa, terra e liberdade, pois ten moito do apartheid sudafricano e moito do gueto de Varsovia.
XUDEUS E XUDEUS israelís. É complicado definir, non hai por que facelo, o que sentimos cara os xudeus. Fascinio? Pode. E unha admiración absoluta por toda esa xente xudea que escribiu, compuxo música, cavilou, investigou na Europa da primeira metade do século XX. Como podemos pór iso agora de par do que fai Israel no nome dos xudeus, invocando as vítimas para explicar os seus actos?
E CANTO NON PERDEU a Europa cometendo o asesinato dos xudeus europeos.
OS XITANOS asasinados por Hitler tiveron unha morte distinta, a morte dos ágrafos. Ningún supervivinte cigano escribiu, ninguén escribe sobre eles.
O COLOSO de Goya disque non é de Goya. E agora que? Agora que facemos con ese ratiño que pasamos diante a buscarlle as voltas na idea de que era do Goya e formaba parte das súas pinturas últimas e máis persoais? Se non nos dixeran que era de Goya nin sequera reparariamos nel. E así e todo non ser de Goya segue a ser un cadro enigmático e ben interesante. Mais, cantos millóns de euros deixou de valer desde que non é de Goya?
SE ANDY WARHOL vivise na España, pintaría o bote do Cola Cao.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.