_
_
_
_
INÉDITOS CON FIRMA | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

O bandullo do Valle Sagrado

-Pois eu...

As gargalladas, os arrotos, os tapóns de botellas, a rexouba, as manchas, as cabezas de langostino chuchadas e as caixas de almax tropezan as unhas coas outras ao redor da mesa familiar. Talvez por iso ninguén escoita a Inés. Pero ela está afeita xa a esa ruidosa marea de saúdos precipitados e cínicos que preceden á ocupación protocolaria de postos no barco de guerra que é o banquete de Nadal. Ao mando, en proa, o avó Rafael. El cre que pilota a nave pero, en realidade, quen goberna teimuda a embarcación é a avoa Teresa. Franquéana as fillas xemelgas, cuspidiñas á súa nai. O duelo de espadas estabelécese xa no recibidor cando descobren a última tendencia en pedrería da tempada e continúa no comedor, retorcido polos candeeiros de prata. Ao seu carón, cinco homes falan da aliñación dun equipo de fútbol que coñecen mellor cós compañeiros de colexio dos seus fillos. Ah, os fillos! Este enxame de avésporas que estrugan a pel cos seus papeis de celofán e caixas de xoguetes xa baleiras. E no medio do boureo ninguén escoita á moza do curmán máis vello. Pero ela fala.

-Pois eu de nena, na montaña, fun feliz. Podía soñar todos os días coas trapalladas que nos deparaba o seu bandullo máxico. Había que tocala con cariño, como se fose unha besta mansa, e ofrecíache os seus tesouros máis prezados. As mans pequerrechas furaban e furaban e, de socato, ¡un billete, unha moeda! Na montaña nunca estaba soa. Había tantos nenos! E falabamos e xogabamos. Porque daquela non sabiamos máis. Para nós era só un xogo, un xogo terrible do que non eramos conscientes porque non sabiamos que todo podía ser doutra maneira. Ninguén nolo aprendera. Os máis grandes, en cambio, coñecían o perverso segredo da montaña e a súa sombra ameazadora campaba nos seus ollos sempre negros. Pero nós, nós eramos demasiado ilusos aínda. Logo, como aos demais, a montaña acabounos roubando a inocencia pero ata daquela eu era igual cós vosos fillos. Non os vedes? Tamén eles pelexan por un anaco de cartón. Todos remexemos a mesma merda.

Cando Inés acaba de falar a súa voz que foi veludo imperceptible é agora un berro atronador que rebota contra as copas de cava e se ensarilla nos envoltorios de polvorón. O fume perpetuo do vertedoiro Valle Sagrado de Lima atravesa o comedor como un lóstrego molesto que enzoufa de po o brillo das lámpadas barrocas. A montaña de lixo -pneumáticos, latas, plásticos, vidros, ferralla- derrúbase ante eles e, inevitablemente, todos miran a moza souvenir que chegou de Perú para poñer un toque de exotismo na perfecta familia de barrio de acaroados a escasos dez quilómetros do centro.

-Bo Nadal! Todos a brindar!

A avoa Teresa endereita o rumbo do barco de guerra e todos todos, suspiran aliviados. Canda eles, as gargalladas, os arrotos, os tapóns de botella, a rexouba, as manchas, as cabezas de lagostino chuchadas e as caixas de almax ocupan os seus postos en cuberta.

-E próspero aninovo!

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_