_
_
_
_
Reportaje:Luces

"Pasar un día enteiro de fantasía con el era moito día de Dios"

Antón Lamazares lembra rasgos persoais e anécdotas do seu paisano

O pintor lalinense Antón Lamazares fala con auténtica devoción da persoa que o iniciou no mundo da pintura. Máis cun mestre, Laxeiro foi para Lamazares un modelo artístico e de conducta, co que conectou enseguida pese a diferenza de idade. A peculiar personalidade de Laxeiro deixou pegada alén das influencias que puido ter a súa obra. Estar ao seu carón era unha aventura continua.

- Os inicios. "Eu coñecin a Laxeiro cando estudaba bacharelato no instituto do Calvario de Vigo entre 1969 e 1970. O profesor Xavier Pousa presentoumo e cando lle contei que eu era de San Martiño de Maceira [parroquia de Lalín] empezou a contarme coma unha vez estofara ao San Martiño. A cuestión foi que botoulle chapapote por enriba ao San Martiño e meteuno nun saco, logo levouno a un bar e dixo que o deixaran alí 15 días sen abrir. Cando abrimos o saco alí atopamos ao San Martiño estofado. Dende entón comenzou a haber simpatía entre nós e veíamonos case todos os días para comer ou cear. Tiña o seu estudio enriba do edificio do Banco Hispanoamericano e eu iba alí e mentras él pintaba eu lialle o libro Los Hermanos Karamazov".

"Cando Laxeiro se sentía estupendo falaba en 'checoslovaco'"

- A pintura. "Naquela época eu non coñecía nada sobre a pintura, nada máis que vía as estampiñas de santos que nos daban na igrexa. Un día fixen unha viaxe a Madrid con Guillermo Monroy, Roberto Pardo e Miguel Abellán e fun con Laxeiro ao Museo do Prado a ver os cadros de Goya, El Greco, Velázquez, Solana. El tiña moito interese por ensinarme o seu mundo. Cando atopei a Laxeiro xa viña de volta de Buenos Aires e era un pintor xoguetón, que se permitía dar estacazos ás nubes. Cando marchou para Arxentina xa era un pintor marabilloso, ese é o Laxeiro que máis me gosta. Os seus cadros están cheos de acento galego, cheos da nosa inventiva pero, ao mesmo tempo, feitos con clasicismo. Cando lle amosei a Laxeiro os meus primeiros debuxos reaccionou moi mal. Dicía que non valía para ser pintor e que tiña que ser poeta pero, en realidade, eu facía uns ripios moi malos. Tívome en cuarentena ano e pico pero cando fixen a segunda exposición en Vigo xa lle gostou o meu traballo. Laxeiro é un home da aldea e o foi toda a vida. Foi humilde, orgulloso, afable e chulo...Un home completo en todos os aspectos. Era alguén especialmente dotado para a leria, o certo é con Laxeiro pasar un día enteiro de fantasía era moito día de Dios".

- Tertulias. "En Madrid vivía enriba do café Gijón. Dende que voltou de Buenos Aires tiña alí a súa tertulia e reuníase cos seus amigos. Eu cheguei alí nos anos 70 e atopei xunto a Laxeiro a xente como Maruja Mallo, Grandío, Pesqueira, Cristino Mallo, Oteiza, Carlos Oroza, o toureiro el Estudiante. El era moi amigo das mulleres e lémbrome un día no que xantei con el e con tres mulleres (Carlota, a muller de Moreno Galván, Mercedes Ruibal e María Victoria de la Fuente) na que solo se falaba de... bueno... do Espíritu Santo. Eu era moi novo e escoitaba para aprender".

- Humor. "Cando Laxeiro se sentía estupendo falaba en checoslovaco. Inventaba o seu propio idioma. Tiña una vis cómica realmente importante, non había moito que envidiar ao Chaplin de El gran dictador. Eso sí, cando tiña o día atrancado podía estar tres ou catro días sen falar. Era un home de moito carácter pero, ao mesmo tempo, era delicado coma todas as persoas grandes. Tamén era moi celoso do seu traballo".

- Lalín. "Estaba moi orgulloso da súa terra e por iso asinaba coma "pintor de Lalín" moitos cadros. Gostáballe moito ir polo seu pobo e que o solo lle pintara ben na cabeza. Non hai que esquecer que foi un home que tivo unha vida dura. Estivo na Guerra Civil e anduvo por Asturias onde se facía o mudo para non ter que pegar un tiro. A xente de Lalín é brava, é xente de monte, bos para loitar. Seguro que o feito de que Laxeiro fora de Lalín influiu para que haxa moitos pintores que saian de aquí. Semella que onde hai un pintor nacen pintores. A min enamoroume a súa maneira de vivir. Era unha grande árbore protectora. Foi un miragre coñecelo e que alguén coma él se fixara nun rapaz coma min".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_