_
_
_
_
_
Reportaje:Luces

Na procura dos cines doentes

O fotógrafo Manuel Sendón percorre o país para reflectir un mundo arruinado

Deixar constancia da existencia dun mundo que desaparece. Ese é un dos obxectivos que persegue o fotógrafo coruñés Manuel Sendón, quen despois do proxecto Casas doentes, co que percorreu o país para retratar fogares abandonados e arruinados polo paso do tempo, agora afronta un novo reto e adícase a captar coa súa cámara outros esqueletos de pedra que está a producir a mudanza de hábitos da sociedade: os inmobles que acolleron cines e que agora quedaron sen actividade. A maioría destes edificios abandonados agardan a que se tome unha decisión sobre o seu futuro, e a pegada do tempo vaise facendo cada vez máis evidente nas fachadas e interiores.

O proxecto levárase a cabo ao longo deste ano e, coma ocorreu con Casas doentes, rematará cunha exposición das fotografías realizadas. Polo de agora, Sendón centrouse nos cines ubicados na franxa costeira que vai de Ferrol a Pontevedra e durante este tempo xa tivo a oportunidade de retratar varios locais abandonados. A maioría deles non foron reutilizados para outros fins e apenas conseguenmanterse en pé como testigos dunha época que está a piques de rematar. "Os cines foron un lugar de encontro e agora iso está cambiar porque somos máis individualistas e moitas persoas teñen na casa unha pantalla grande para ver as películas", explica Sendón.

De tódolos xeitos, o fotógrafo non pretende facer un documento sociolóxico sobre a desaparición dos cines senón que o seu traballo ten unha clara orientación artística. Sendón fotografía tanto o exterior coma o interior dos cines que, nalgúns casos, agochan sorpresas coa presenza de materiais de todo tipo. Hai que ter en conta que en moitos pobos de Galicia o cine era moito máis que un lugar para ver películas porque algúns deles convertéronse en centros sociais nos que se realizaban actividades moi diversas.

Polo momento, Sendón atópase na primeira etapa do seu traballo e aínda non editou a maioría das fotografías que xa realizou. Traballa con tecnoloxía analóxica pero posteriormente dixitaliza as imaxes que obtén.

"A maioría dos cines existentes en Galicia crearonse nos anos 40 e moitos deles foron pechando a partir da década dos 80. A densidade de cines que tiñamos aquí era superior á que existía en Madrid e mesmo concellos coma Carnota tiñan ata catro salas. A realidade é que agora xa están a desaparecer ata os minicines", explica Sendón, quen comezou a pensar na posibilidade de facer un traballo sobre os cines abandonados cando traballaba na produción do documental Os fabulosos irmáns da luz, realizado pola súa filla, Olaia Sendón, no que se rinde homenaxe á figura do fotógrafo Ramón Caamaño, pioneiro en levar o séptimo arte á Costa da Morte.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_