_
_
_
_
Crónica:Luces
Crónica
Texto informativo con interpretación

A retranca das medallas

Xosé Lois e Siro López, homenaxeados tras 25 anos de humor gráfico

A Xosé Lois González Vázquez, O Carrabouxo, subírono ao torreiro no Gran Hotel da Toxa, hai dúas semanas, para entregarlle o premio á mellor obra gráfica en medios impresos. Siro López, prexubilado aínda o ano pasado, foi homenaxeado onte polos colegas da profesión na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago.

"Sequera levei á familia á Toxa, que para ir un día está ben", deféndese Xosé Lois, xefe provincial de Telecomunicacións en Ourense. La Región publicou a primeira viñeta d' O Carrabouxo en 1982. Rectilíneo, con boina e cabicha no bico, o personaxe consérvase coma un espello público. Algunha das súas paixóns recoñecibles -o viño, os cartos e a moto- poderían servir para o espectáculo dos Tonechos, mais a arte verbal de Xosé Lois, preocupado sempre pola expresión dunha "linguaxe galega", ao xeito de Castelao, enfronta os problemas doutro xeito. "Falamos da retrónica, o trasacordo e a retranca", resume.

"Ningún dos nosos grandes pensadores analizou a retranca con rigor", di Siro.

O Carrabouxo case nunca sorrí (agás cando está achispado), e cuestións coma esta xa teñen ocupado aos fans do personaxe, que discuten os últimos estudos sobre etnografía da comunicación no ámbito galego. Xosé Lois é sintético: "A retranca é unha rebeldía cortés consistente en dicir o que un quere, e non o que os outros esperan que un diga... Non é o de Rajoy, en calquera caso". E segue: "Teorías do humor? Quizais estea ben aquilo que dicía Pierre Daninos: o humor é un martelo de definidores".

Tema á parte é o trazo político do personaxe. "Pódese dIcir que é un militante nacionalista, coma min, cun algo de anarquista... Pero a mellor definición a nivel filosófico, político e psicolóxico é galegocéntrico". A estatua d'O Carrabouxo, ao pé do Parque de San Lázaro, "debe ser a única existente dun militante nacionalista vivo", oufánase. Neste sentido, a convivencia diaria coa liña editorial do xornal ten sido, ás veces, problemática. "A distancia ideolóxica é grande, pero aí levo case 25 anos", di.

Algúns menos -23- son os que traballou Siro López como caricaturista en La Voz de Galicia. Outros tantos pasounos de proxectista na oficina técnica de Bazán, onde "poñía a andar os barcos de guerra, aínda que pareza unha broma". Despois de trafegar en prensa e radio, di, "pasei á redacción de La Voz e inaugurei a caricatura política en Galicia". O herdo é ben coñecido, de Barreiro Rivas a Beiras, Cuiña, Francisco Vázquez e, sobre todo, Fraga. "Ata que chegou el a cousa estivo moi repartida, pero despois ás veces tiña problemas para pensar qué pintar sen que aparecese Fraga", sinala.

Merecente de case unha ducia de premios, Medalla de Galicia incluída, foi homenaxeado onte en Compostela polo Colexio de Xornalistas de Galicia. Siro considera que as cousas cambiaron "moitísimo" con respecto a aquel certo desprezo do humor gráfico na prensa galega. As tensións, segundo él, foron as da ditadura. "A algún político non lle gustou algunha viñeta en cuestión", afirma, "pero problemas tívenos cando me abriron un consello de guerra por unha viñeta sobre El gran dictador, estreada aquí con Franco morrendo".

Na retranca, para. "É curioso que ningún dos nosos pensadores, nin García-Sabell nin Piñeiro nin o propio Castelao, parasen a analizar o fenómeno da retranca con rigor", considera. A "trécola intelectual" que, segundo di, empregan os galegos como parapeto, está tan en perigo como o que puidera ser unha linguaxe plástica propia. Agora pensa publicar en castelán o seu ensaio Castelao, debuxante e humorista. "Non se trata de facer cultura do grelo se digo que Castelao é un dos grandes humoristas de todos os tempos en calquera lugar", di.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_