Mito, relixión, sibila
OUTROS CINCO HOMES AFOGADOS, (Hai espanto maior?) O inverno veu tarde e trae fame atrasada.
ARROIA, choven lanzas, ondas de chuvia. Veu o vendaval outravolta, outro ano.
E vemos como o mundo é castigado, borrado, nácenos o medo dentro ao temporal, ao que pode ser. O mundo é forte de máis, esqueceramos e agora constatámolo outra volta.
E LEMBRAMOS O DILUVIO, vénsenos o mito á cabeza. Porque somos mito. E, ademais, o mito é a verdade do mundo. Por iso o mito dá medo, porque nacendo dentro nosa ten algo que é extraño a nós, como se viñese de aí fóra, dese mundo inmenso e feroz.
FRACASO ESCOLAR: Esa moza ten carreira universitaria e trae para lectura: ¡Qué me dices!, Hola e Semana. Hainos que nada máis len prensa deportiva...E logo aínda dirán que non hai fracaso escolar!
ARTE VELLA ANOVADA: Coas grandes exposicións ben publicitadas énchense as vellas pinacotecas, os museos. A vella pintura, arte vella esquecida hai uns anos recobra agora o carácter de evento público.
-¿Ya nos vamos? Aún no vi el 'Gernika'...
-Mujer, eso es en otro museo...
ESE ÉXITO DA PINTURA É UN MALENTENDIDO, o éxito sempre responde a un malentendido, mais...que dure!
A VIDA TODA TEN MOITO DE MALENTENDIDO. Mesmo adoitamos ser concibidos e chegados ao mundo por algún malentendido ou despiste dos maiores.
'A VIOLACIÓN DE LUCRECIA', outra máis de outro artista. Cada pintor barroco ou cada compositor muscial parece que sentía a obriga de volver violar á pobre Lucrecia. Non sei se non sería un desexo secreto.
A SIBILA CANTA. Na fin de ano na catedral de Santiago, como cada ano, a Sibila galega volveu cantar. Era fin de ano e anunciábase alí, como cada ano, a fin do mundo.
'ORDO PROPHETARUM' era a representación e o canto. E sentín desexos tremendos de ser cristián. Tal é o poder da música e da arte.
A RELIXIÓN é unha forma sublime da arte e a linguaxe. A grande creación humana.
E ORGULLO DE SER GALEGO tamén sentín. Pois asistía ao desenvolvemento dunha grande creación na nosa lingua. Houbo unha época na que a xente aquí non era encollida e non había límites (aínda non se inventaran as provincias e eramos un reino)
ESTE TIPO DE ORGULLOS de pertenza son gratuitos, infundados, infantís... Por que habemos de ter nós orgullo do que fixo outra xente hai séculos? Que merecemento temos?
Mais, resultan difíciles de evitar, os condenados.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.