Pioneiros da videocreación
O CGAC exhibe traballos dos artistas que romperon moldes nos oitenta
Non forman unha xeración nin un grupo homoxéneo pero en Galicia houbo vida artística nos anos 80 máis alá do movemento Atlántica. A mostra Ficcións analóxicas. O vídeo na Galicia dos 80, inaugurada onte no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), permite recuperar as obras de moitos creadores que hoxe en día seguen traballando no mundo audiovisual, aínda que as veces dun xeito moi distinto ao que o fixeran nunha década na que a vídeocreación daba os seus primeiros pasos en España. Nese tempo o vídeo non tiña a presenza apabullante nos centros de arte que ten na actualidade e moitos dos traballos agora exhibidos quedaron esquecidos.
O comisario da mostra, Fernando Suárez, tivo que realizar un profundo traballo de investigación para recuperar un material que permite descubrir, vinte anos despois, a un grupo de artistas que amosaron unha gran orixinalidade para reflexar nas súas pezas os novos aires que se respiraban en Galicia coa chegada da democracia. "Naquela época eu vivía en Madrid e daba a sensación de que as creacións que chegaban de Galicia eran máis frescas que as que viñan de lugares coma Cataluña, onde podían estar máis avanzados nalgunhas cousas pero facían pezas máis conceptuais e, ao mesmo tempo, tamén maís aburridas", explica Suárez.
"En Cataluña facían pezas máis conceptuais e máis aburridas"
"Na maioría dos vídeos se fala moito de Galicia dun xeito moi moderno"
O percorrido pola exposición comeza con dúas pezas dos primeiros 80, realizadas en formato Súper-8, que funcionaron coma referentes para os creadores que sentían o pulo da experimentación e da innovación artística. Strip-tease, un film didáctico, de Manuel Romón e Homes obxecto, de Xulio Correa, son obras realizadas coa colaboración de persoas procedentes de distintas áreas. Na primeira, realizada en 1981, a música é do que logo sería líder do grupo Siniestro Total, Julián Hernández, e na segunda participan, entre outros, o fotógrafo Vari Caramés.
Entre as obras presentes na mostra atópase Veneno puro, de Xavier Villaverde, unha peza senlleira na videocreación galega que obtivo no ano 1984 un premio no Festival de Vídeo de Madrid e que tres anos despois pudo verse na prestixiosa Documenta de Kassel, que aínda hoxe é unha das citas máis importantes da arte contemporánea no panorama internacional. Veneno puro condensa variadas referencias cinematográficas entre as que se atopan a película Arrebato, de Iván Zulueta, e o cine de estética futurista. Ao éxito da peza contribuiron a presenza poderosa de Rosa Fernández, o guión críptico de Raúl Veiga e Xavier Villaverde e a construción da posta en escena, que estivo a cargo de PGbllas.
Manuel Abad, Antón Caeiro, Eloy Lozano, Xosé Búa e o recentemente falecido Antón Mouzo son outros dos creadores presentes na mostra, que tamén recolle traballos de Ignacio Pardo, un artista que tivo formación coma pintor pero que acabou por desenvolver unha sólida traxectoria coma videocreador. O CGAC xa lle adicou unha exposición individual hai algúns meses, pero agora poden verse obras que reflexan os temas habituais na súa carreira: a pulsión sexual, a dimensión psicanalítica, a tentación, a culpa e o desexo.
Sen dúbida que para o gran público o máis coñecido dos artistas presentes na exposición é Antón Reixa, que marcou un antes e un despois na videocreación en Galicia co seu Salvamento e socorrismo, un documento de natureza experimental no que se mesturan a pintura, a música, a poesía e a performance.
Suárez considera que os traballos de Reixa e doutros creadores presentes nesta mostra conteñen unhas características que permiten identificar inmediatamente a súa procedencia galega. "Na maioría dos vídeos fálase moito de Galicia pero sempre se fai dun xeito moi moderno. Era necesario recuperar a obra duns artistas que fixeron traballos moi bos e que son prácticamente descoñecidos porque se amosaron moi poucas veces", sinala o comisario.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.