_
_
_
_
_
Reportaje:Luces

Sobre o malestar na lingua

Xosé Manuel Sarille ataca o discurso encol do galego

Xosé Manuel Sarille (Lugo, 1956) ispe a súa posición xa dende o prólogo do seu novo libro: "Quen non queira enganarse sabe que o idioma vive actualmente a peor situación da súa historia". Co título A impostura e a desorientación na normalización lingüística, o que durante 11 anos foi presidente da Mesa pola Normalización Lingüística estrutura un argumentado ensaio de combate contra as tendencias dominantes na defensa da lingua. "Non son pesimista, soamente se trata de analizar e constatar as cousas, pero Galiza vai por un camiño directamente trazado ao 10% da poboación galego falante".

"Por unha banda hai intereses culturais, ou da industria cultural, para que non se diga que o galego atravesa a peor situación da súa historia", explica, "e por outro, cando desaparece o debate, un asunto entra en declive, esmorece". Para Sarille, "nas fins de festa nunca existe debate e a reflexión sobre o idioma diríxese á escombreira da historia". A imparábel perda de falantes, ratificada por estudos e mapas sociolingüísticos, resulta paradoxal respecto das actitude positivas sobre a lingua: "Non implican un maior uso do galego, senón unha sacralización da cultura".

O autor d' A impostura... sinala as dificultades de desenvolver unha política de normalización senón existe vontade política e nunha "sociedade complexa" como a galega. "Este é un país rico, pobre dentro de Europa pero rico dentro do mundo", di, "e faise cadora máis complexo; empréganse cartos na normalización, mais falta vontade política". A Xosé Manuel Sarille preocúpalle especialmente esa carencia no nacionalismo, tradicionalmente á cabeza na defensa do galego: "Hai unha recolocación do nacionalismo institucional, que, nos anos da democracia, nunca foi quen de abordar con lucidez o problema da lingua, no sentido da transversalidade ou de traballar en moitos campos, e construíuse mal a casa".

Quebec, Cataluña, Euskadi, Bélxica e Israel foron, segundo Sarille, os únicos países que conseguiron levar adiante un proceso de normalización. "O discurso normalizador no BNG estivo e está moi cinxido ao filoloxismo, que é o mesmo que se a política sanitaria a deseñasen o cirurxiáns", afirma. "E esta filoloxía non se xuntou coa socioloxía, que ofrecería unha perspectiva máis aberta". "Houbo, dende a oposición ao PP, unha táctica moi curta de atacar a falta de vontade da dereita e, agora, vemos, cando xa todos estiveron en todos os sitios, quenon hai diferenzas".

A impostura e a desorientación... avanza algunha proposta, malia a que Sarille escúsase de dar alternativas -"levo 20 anos dando alternativas e ninguén me fixo caso, agora apenas tento entrar en debate"- que sitúa na lusofonía: "Non hai futuro sen vincular o galego co portugués, e non a través da filoloxía, senón para que o galego cumpra funcións útiles e non sexa só un instrumento doméstico de disquisicións identitarias e reflexivas".

O Xosé Manuel Sarille ensaísta asume con certa resignación o destino final do seu libro: "Hanme felicitar e falarán de audacia por poñer isto enriba de mesa, pero do que se trata é de contrastar eses datos. Arestora, non vexo ningunha forza política nin ningunha tendencia social interesada en debater isto".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_