_
_
_
_
DO TRINQUE | Luces

O momento do 'biodocu'

"As biopics son un xénero que non se ten tocado demasiado, pero hai personaxes con historias moi atractivas". Esta é unha das razóns que levou ó produtor Juan Manuel Díaz a abordar a fascinante biografía de Eduardo Barreiros. Díaz non dubidou en lanzarse a producir Barreiros, motor humano, un biodocu dirixido por Marco Besas, e coproducido por La Región e Elemental Films, onde se narra a historia dese empresario aventureiro que foi Barreiros. A través dunha narración clásica, pero moi efectiva, o documental afonda na historia deste emprendedor nacido en Gundiás, unha pequena aldea ourensá. Barreiros pasou de ser un humilde mecánico, que arranxaba autobuses destartalados afundidos na lama, a facerse multimillonario transformando os motores de gasolina en motores diésel, incluso mercando pezas de contrabando ás costas do rexime de Franco.

Teimundo e ambicioso, "o Henry Ford español", como lle chamaba a prensa da época, chegou crear 25.000 postos de traballo, e foi o primeiro propietario dun avión privado en España. "É difícil poder inventar un guión como a súa vida, dun tipo que persegue un soño, que cae en picado e se volve reinventar de novo", explica fascinado Díaz. Este produtor refírese ó fiasco da operación coa Chrysler para fabricar Dodge Dart e Simca 1000, que supuxo a dorosa saída de Barreiros da empresa que fundara. Tras un errático camiño, investindo na busca de ouro en Ourense ou de petróleo en Fernando Póo, semellaba que a súa estrela se apagaba. Pero Barreiros plántase en Cuba, gáñalle un concurso á Nissan e convértese no motor de desenvolvemento do réxime castrista. "Esta fantástica historia merece algo mais que un documental, e esperemos que este sexa un primeiro paso para chegar a unha longametraxe", explica Díaz.

A vida doutro empresario aparece tamén reflectida en Isaac, só que que este é un empresario con alma de artista, ó que a Guerra Civil marcou con fondas cicatrices: Isaac Díaz Pardo. O documental, dirixido por Xosé Abad, vertébrase a través dunha interesante entrevista con este personaxe clave no devir da cultura galega do século XX. Intelectuais como Alonso Montero, Manuel Rivas ou Ramón Villares, ou políticos como Pérez Touriño, perfilan a figura de Díaz Pardo, nun momento difícil da súa vida. "Era un momento delicado, porque Isaac atravesa unha situación persoal complicada polos problemas en Sargadelos, pero ó final portouse moi ben", explica Abad, que decidiu afrontar o traballo alonxándose das polémicas.

A través das súas opinións, Díaz Pardo consegue emocionar e divertir. Tanto é quen de provocarnos calafríos contando unha terrible viaxe no Castromil de Santiago á Coruña, onde o autocar paraba cada pouco para retirar os cadáveres dos fusilados ciscados pola estrada, como de facernos sorrir relatando cando, con imprudencia xuvenil, lles chamou "reaccionarios" a Castelao e Ánxel Casal, ou describindo a súa opción política: "Por lóxica temos que ser republicanos, pero por pragmatismo son un conservador libertario, aínda que non admito mais socios no meu partido. Son eu só". O director utiliza a veces unha estructura arriscada, rachando o ritmo con referencias a temas de actualidade xeral que son abordados con lucidez por Díaz Pardo. "O incrible de Isaac é que logra sintetizar grandes conceptos con pequenas frases, e iso agradéceo moito o documental", reflexiona Abad.

Outro persoeiro vinculado ós círculos galeguistas foi o arquitecto porriñés Antonio Palacios do que en breve a TVG estreará o documental O galego que construíu Madrid, dirixido por Carlos Davila e producido por Massvisual. "É un achegamento orixinal a Palacios a través de expertos na súa obra e xente da rúa que incluso descoñece quen é", explica Isaac González, produtor do filme, quen engade que "o obxectivo é fuxir do clásico documental aburrido sobre un arquitecto". O produtor destaca a pretensión de "facer algo fácil de ver e ó mesmo tempo mostrar como chegou a transformar Madrid".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_