Microclimas
Permítaseme citar ao meu compañeiro de páxina, Manuel Rivas, que me contou o seguinte sucedido. Un labrego inquerido por un visitante sobre a existencia dun microclima naquela zona, respondeu "¿Microclima? ¡Un climaso!". Non sei se isto foi produto da xenial capacidade de observación d'O Rivas ou manufactura do realismo máxico da Galicia resultante da factoría incansable da súa literatura pero calquera das dúas opcións lexitiman o emprego do tal sucedido como constatación de que gran parte dos galegos e galegas son portadores dunha utopía propia: a de que na súa zona se dá un extraordinario microclima.
E digo son, porque eu, persoalmente, vivo alleo ao clima tanto como sensación térmica ou como tema inexorable de conversa. Aínda así o meu microclima persoal me puxo felizmente en contacto con milleiros de individuos grazas ao retrouso "fai un sol de carallo". O paradoxal do asunto é que xunto a isto convivimos co pensamento colectivo, tanto externo como interno, de que o clima de Galicia é un dos nosos maiores padecementos.
Creo que no decálogo civil da galeguidade moderna deberíase incluír a convición de que temos o mellor clima do mundo e non só porque eu estea convencido, senón porque non pode haber outra explicación para esa fantasía do microclima propio. A suma de microclimas individuais e subxectivos dá necesariamente como resultado iso: o mellor clima do planeta. Lonxe deben quedar aquelas imaxes da Galicia oficial soleadas e mentireiras.
Entre outras cousas porque en tempos de cambios climáticos son contarditorias e sorprendentes. Lembro a directora Isabel Coxet que hai un anos realizou unha peza para Canal + sobre a choiva en Compostela e tivo que empregar choiva artificial porque non choveu en case un mes. Se cadra, o remedio á carencia de autoestima comeza tamén por aí. Ou, cando menos, dedicaríamos así todo o tempo estragado en inútiles conversas sobre o clima ao silencio reflexivo ou á comunicación intelixente.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
¿Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.
Archivado En
Últimas noticias
Los grandes países de Europa reclaman a Trump que respete a Groenlandia tras las amenazas de anexión
Ábalos pide al Congreso recuperar sus derechos como diputado
Sarah Paulson homenajea a Diane Keaton con un tatuaje en el día que hubiera cumplido 80 años: “Te extrañaré hasta el fin de los tiempos”
La CIA recomendó dar el poder de Venezuela a Delcy Rodríguez ante el riesgo de que María Corina Machado no controlara el ejército
Lo más visto
- El abogado que logró la liberación de Julian Assange por el caso Wikileaks representará a Maduro en el juicio por narcoterrorismo en Nueva York
- Xi Jinping se pronuncia de forma velada sobre Venezuela: “Las prácticas de intimidación hegemónica afectan gravemente al orden internacional”
- El PP defiende ahora que “hay dudas sobre si se ha infringido el Derecho Internacional” en Venezuela
- Así le hemos contado las noticias de Venezuela tras la detención de Maduro este 5 de enero de 2026
- Lotería del Niño 2026, en directo | El primer premio es para el 06703




























































