Vigo recupera o tempo perdidoCinco centros de referencia
Novas ideas para o Museo do Mar e o Verbum, exemplos de mala planificación
Cando naceu, en 2003, estaba chamado a converter Vigo nun referente cultural. Cun orzamento que superou os 9 millóns de euros (dos que os fondos Feder da Unión Europea aportaron o 70%), o deseño arquitectónico vangardista asinado por César Portela, situado en primeira liña de costa, nun predio de 13.000 metros cadrados fronte ao areal de Samil, e profusión de medios interactivos e tecnolóxicos, o Museo Verbum, alcumado Casa das Palabras, tíñao todo para ser o gran contedor cultural centrado na comunicación humana. Esa foi a premisa inicial. A realidade, con 17.000 visitantes ata o pasado mes de xuño, revela que é pouco coñecido para os vigueses malia a liña ascendente dos últimos anos.
A Casa das Palabras tivo 17.000 visitas en 4 anos e apenas é coñecida na cidade
A pinacoteca do Quiñones de León será trasladada á antiga alcaldía
O Verbum, de titularidade municipal, e o Museo do Mar, nacido ao abeiro do Consorcio da Zona Franca de Vigo e traspasado despois á Xunta, adoitan ser sinalados como malos exemplos de planificación cultural. Culpables de ausencia de obxectivos e de carencias graves como a falta dunha programación estable. Dos dous, o futuro semella máis claro para o Museo do Mar. Hai uns días, a conselleira de Cultura anunciou a súa reapertura para o 21 de decembro, xa en condicións de exhibir a súa colección permanente e con novidades como un acuario e un centro de arqueoloxía submariña.
Para o Verbum, o concelleiro de cultura vigués ten outros plans. Xesús López está a traballar nun novo deseño museístico da cidade que consistirá nunha rede de equipamentos culturais destinada a optimizar os recursos e facilitar o coñecemento do patrimonio municipal, en colaboración coa concellería de Patrimonio Histórico. Segundo o tenente de alcalde, Santiago Domínguez Olveira, "desde hai anos a cidade carece dunha globalización para que os museos teñan unha planificación conxunta, polo que existe unha necesidade imperiosa da reestructuralos". O proxecto, a un ano vista, abrangue tódolos museos municipais a través de cinco liñas de actuación: o Verbum, o Museo de Castrelos, a creación dunha pinacoteca, a Casa das Artes e a edición dunha guía para dar a coñecer os seus contidos así como un circuito de visitas.
Este debuxo prognostica para o Verbum ser o encargado de acoller o patrimonio inmaterial de Galicia, do norte de Portugal e de Vigo. E habería espazo tamén para que os novos creadores vigueses, vinculados ao mundo da imaxe e da lingua, poidan amosar os seus traballos. O caso do Museo Quiñones de León, ubicado no Pazo de Castrelos e inmerso no pulmón verde da cidade, é diferente. Con 6.500 visitas no primeiro semestre do ano, é o menos frecuentado da cidade malia a solidez dos seus piares. Exemplo de museo clásico, naceu coa doazón do pazo aos vigueses en 1924 e, antes da Guerra Civil, xa contaba con fondos procedentes do Museo del Prado e de benefactores como Policarpo Sanz. Conta con 1.500 pezas de arte galega e europea, unha sección de arqueoloxía e un departamento dedicado á historia de Vigo. A idea agora é convertelo en centro historiográfico do municipio e trasladar a pinacoteca ao completo ao inmoble do Areal que albergou a alcaldía na pasada lexislatura, incluídas as obras que durmen nos sotos de varios edificios municipais por falta de espazo en Castrelos.
A fotografía será protagonista na Casa das Artes, outro centro cultural municipal situado en pleno centro e emprazado na antiga sede do Banco de España, un edificio de 1938 obra do arquitecto Romualdo de Madariaga. Actualmente, mantén en exposición permanente os fondos do Arquivo Fotográfico Pacheco (100.000 imaxes datadas entre 1900 e 1970), da Fundación Laxeiro (62 cadros do lalinense propiedade do Concello de Vigo) e da Colección Torras (67 pinturas do artista vigués Luis Torras). No inmoble habilitarase unha fototeca para expoñer, ademais do Pacheco, novos arquivos e os fondos fotográficos profesionais de titularidade municipal herdados dos tempos en que se organizaba unha fotobienal na cidade. A Casa das Artes acolle, asemade, todo o volume de exposicións temporais organizadas pola Fundación Laxeiro, así como outras institucións, caso de Caixa Galicia. Pola mostra de Tamara de Lempicka, patrocinada pola entidade financieira, pasaron máis de 46.000 persoas.
A ordenación municipal non toca o Marco. Os seus 43.000 visitantes ata outubro outórganlle credenciais a un labor iniciado hai cinco anos e que se caracteriza polo diálogo constante coa cidadanía e coas novas expresividades artísticas galegas e internacionais.- Museo da Catedral de Santiago. As súas salas exhiben, entre outros tesouros, pezas das excavacións realizadas no templo compostelán.
- Centro Galego de Arte Contemporánea. O espazo deseñado por Álvaro Siza converteuse nun dos sinais de identidade da moderna cultura galega.
- Museo Marco. Con cinco anos de vida o centro vigués revitalizou a vida artística na cidade.
- Museo de Belas Artes. O espazo expositivo coruñés conta cuns fondos de máis de 5.000 pezas con obras de Murillo, Tintoretto, Rubéns e Goya, entre outros.
- Fundación Laxeiro. O estudo da obra do pintor lalinense é a principal actividade deste centro vigués que exhibe a colección permanente de Laxeiro.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.