_
_
_
_
_
Entrevista:FUCO SANJIAO | Profesor de Economía Aplicada na USC | LUCES

"Non só a cultura está subvencionada"

Para Fuco Sanjiao, autor de numerosos traballos sobre economía da cultura en Galiza, vencellar economía, cultura e país pasa por analizar cal é a situación do sistema cultural galego e buscar medidas que potencien os ámbitos profesional, afeccionado e público.

"O termo industrias culturais inclúe desde as industrias máis grandes até microempresas individuais, na cultura o tamaño non é o máis importante", di, "pero con empresas pequenas e nun mercado pequeno resulta aconsellable saír fóra". "Hai que impulsar a demanda dos produtos", sinala, e aquí "os produtores culturais deberán facer propostas que respondan aos intereses dos consumidores", até hai pouco ausentes nos retratos do tecido cultural galego. "A moita xente non lle gusta que falemos do seu en termos de produto, pero as ofertas que non sexan valoradas e pagadas polo público subsistirán se atopan quen asuma os custos que non asume o mercado".

E precisa: "A Administración pode facilitar que exista esta oferta, analizar os seus problemas e establecer mecanismos para palialos, pero as restricións orzamentarias levan a buscar novas vías alén das subvencións. "Non só a cultura está subvencionada", lembra.

A chave das vantaxes comparativas está, no caso galego, na especificidade cultural:"Se temos difícil competir de entrada no mercado global, teremos que aproveitar as nosas peculiaridades". "Que a Xunta potencie a cultura en galego é aconsellable, criterios políticos á parte", convén Sanjiao. O idioma propio "interesa" desde o punto de vista económico, en canto impulsa as taxas de emprego e o PIB. "Se esixo que o telefonista me atenda en galego, é máis sinxelo que a empresa contrate persoal galego". Boa parte do éxito desta especificidade dependerá do fomento desa demanda, do sentido de país no patrocinio privado e da mesura nos xogos sectoriais de conflito e cooperación previos ao deseño da nova política cultural.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_