Materiais para setembro
Telémaco, Magín Blanco, Silvia Penide e Carlos Childe estrean traballo este mes, á espera das remesas de outubro
Terra, o novo disco dos lucenses Telémaco, pensado para silenciar as boquexadas dun planeta "que se nos vai", é case unha realidade. Dous anos despois de Outótono (Falcatruada), ben destacado polos programadores de Radio 3, o instrumentista Miguel Rulos (Mike Rolling) e o picadiscos Álvaro Pardo (Dr. Think) contan autoeditalo a finais de mes. Cortiza, Manto e Núcleo, os temas instrumentais do disco, paliarán o baleiro da electrónica do país en formatos avanzados. Se todo sae ben e o concello accede, o combo lugués presentará o traballo nas festas de San Froilán.
Ademais de Telémaco, o groso das novidades deste mes veñen do selo PAI Música. Entre elas, Realidad, o novo disco do ourensán Magín Blanco, membro de La Rosa entre 1986 e 1992. A Magín compárano promocionalmente con Antonio Vega por aquilo da vena intimista, pero as súas motivacións actuais son máis amplas. "É un honor, pero nin estou tan drogado nin fago cancións tan boas", matiza con certa ironía. "Eu non son indie nin pop nin rock... O de pop-folk podería cadrarme ben, pero cando falo de folk digo Dylan, Bart Davenport ou Lucinda Williams". Entre Realidad e Ella, o seu disco anterior (onde colaboraron Nancho Novo, Uxía Senlle e Gloria Van Aersen, de Vainica Doble), a diferencia é o intento de rebentar musicalmente o lado intimista. O compositor e o guitarrista Pepe Losada introduciron máis electricidade e algúns arranxos de vento, e o resultado é máis vitalista. Magín, que traballa nunha fábrica, fala ben do futuro: "Este país está a pegar un cambio que ninguén podía imaxinar hai uns anos. Tamén é certo que o mesmo que fai que sexa máis doado moverse aquí, consegue que pases de moverte fóra". O 22 presenta o disco na Fnac coruñesa.
Tamén estará dispoñible a finais do mes Cooking melodies, o primeiro traballo de Carlos Childe Troupe, aínda nos estudios de Segundo Grandío. Pola formación de Childe, que propón temas propios entre o blues e o country-rock, levan pasado desde 1998 máis dunha ducia de músicos da escena coruñesa. PAI abre con este disco unha nova liña de traballo no ámbito do blues e o jazz en Galiza.
En Falcatruada sairá Desafinante crónica, o novo da cantante coruñesa Silvia Penide. Cos seus discos anteriores (Kilómetros e Invisible) xa deixou pegadas na radiofórmula estatal e diversos rastros en países como Italia, Croacia ou Eslovenia. Neste repertorio de 11 temas, segundo o ditado promocional, a inmersión da artista no seu propio universo, entre o roce das relacións humanas e a ingravidez das amarguras, é "máis profunda". Desafinante crónica -que se poderá escoltar no seu myspace- estará á venda desde o 18 de setembro nas tendas da rede.
Un dos discos a rescatar, malia saír en xullo, podería ser Fluíndo en pechado, do gaiteiro Pablo Seoane, que pasou un ano comunicándose coa SGAE para cadrar o traslado de selo, de Clave a Leilear. Os 14 temas do traballo, música de raíz galega, son unha homenaxe á dixitación pechada da gaita. Seoane nunca se sentiu especialmente chamado polo folk, e explícase: "Eu adiqueime toda a vida á musica tradicional, e por iso nos movemos entre a música de raíz pura e as composicións propias. O tema da música folk desgastou bastante a música galega. Detrás de tres grupos bos aparecían 40 que só os imitaban". O traballo inclúe violíns, zanfona, acordeón, saxo, clarinete e percusións, desde o máis autóctono ata caixóns flamencos.
As feiras son a parte. Do 19 ao 21 de setembro, na 19ª edición da feira berlinesa Popkomn actuarán Berrogüetto, Lamatumbá e Faltriqueira. Tamén se confirmou a presenza do vigués Iván Ferreiro entre os nominados ao Grammy Latino 2007 polo mellor álbume de rock vocal. Las siete y media, o disco do antigo cantante de Los Piratas, competirá en Las Vegas cos traballos de Rosendo Mercado, Fito Páez, Ariel Rot e Belo y los Susodichos.
Entre as feiras populares, Reperkusión 2007 levará a Allariz entre o 14 e o 16 de setembro a Telephunken, os italianos Anonima Nuvolari, os portugueses Blasted Mechanism e o Leo i Arremecághona, entroutros, e unha selección de picadiscos que encabeza o austriaco DJ Doblhoff, coñecido polas súas sesións de electro suave. O jazz que se anuncia este mes pasa por Pontevedra. O VII Seminario Permanente de Jazz preséntase alí o 22.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.