Un ano máis, sen universo Punto.Gal
Retrásase ata xaneiro de 2008 a adxudicación dun dominio galego na Rede
Os cataláns tiverono difícil, tardaron tres anos, pero ó final conseguiron demostrar ante a ICANN (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers) que detrás do dominio .cat que reclamaban para as súas páxinas web non se agochaba ningunha patronal de fabricantes de comida para gatos. En Galicia, como en Cataluña, hai anos que se viña reclamando un sufixo de dúas letras (algo así como .gz ou .gc; no caso catalán, .ct), que é o que identifica, no sistema de códigos de Internet, ás nacións recoñecidas pola ONU, ou pola Corte Penal Internacional, ou os territorios que, coma Xibraltar, están incluidos na lista ISO 3166. Pero como esta posibilidade, por agora, non existe, nas respectivas comunidades deron en xestarse a Asociación PuntoGal e a Fundació PuntCat, para reivindicar, alomenos, o dereito a matricular as webs galegas e catalanas cos dominios de tres letras propios de comunidades socioculturais, non de territorios concretos.
A asociación leva recollidas 6.300 sinaturas e agarda chegar a 15.000
Cataluña xa conseguiu fundar o seu propio barrio na Rede. E Galicia, como non pode ser doutro xeito, segue o ronsel e agarda. Pero con Galicia esperan tamén Bretaña, o País de Gales e Berlín. E moi por detrás, seguen Euskadi, a comunidade dos indios Sioux e Nova Iorque. Claro que, como di Darío Janeiro, secretario de PuntoGal, a asociación da Gran Mazá podería chegar a adiantarse. "Se se pon a recoller sinaturas de apoio, nun día xuntaas todas". O dominio .gal tampouco vai mal neste aspecto, un dos requisitos esixidos pola ICANN á hora de presentar unha candidatura. Dende xaneiro, a asociación leva recollidas, só na súa web (www.puntogal.org), 6.300 rúbricas. Aínda que o obxectivo é chegar ás 15.000 antes de decembro, e para iso, anuncia Janeiro, estarán "presentes nos principais festivais de música deste verán, como o de Ortigueira"para unha colleita "física" de sinaturas.
Dende o luns pasado e ata hoxe pola tarde, a ICANN está a celebrar a súa 29ª asamblea mundial, esta vez na capital de Puerto Rico. Alí estiveron os representantes da asociación PuntoGal para entablar relacións cos membros da ICANN máis favorables ó ingreso de novos dominios. O voto positivo destes socios será fundamental o ano que vén, cando, previsiblemente, se van seleccionar as mellores candidaturas.
A anterior asamblea, que tivo lugar en Lisboa, foi a primeira á que asistiron membros da directiva de PuntoGal. Segundo Darío Janeiro, alí xa se comentaba "extraoficialmente" que a ICANN abriría as portas a novos socios a finais deste ano ou comezos do que vén. Nesas datas fixarase unha nova convocatoria, os seus prazos e condicións para solicitar dominios.
No primeiro día de reunión desta semana, en Puerto Rico, volveu saír o tema dos tempos. E esta vez, máis formalmente, díxose que os aspirantes terán que agardar, cando menos, ata xaneiro do 2008. Pode ser que, dentro dun ano, tódolos internautas galegos, mesmo os residentes en América, Suiza ou Australia, podan usar nas súas páxinas a denominación de orixe .gal. E pode ser, tamén, que os señores do ciberespazo decidan deixarnos para outra ocasión. E que os Sioux saian gañando nesta película.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.