_
_
_
_
Reportaje:DO TRINQUE | LUCES

Documentais detrás do conflito

Traballos recentemente estreados abordan diferentes revoltas veciñais, en lugares como As Encrobas, A Rúa de Petín ou a ría de Ferrol

Logo duns anos de elixir temáticas pouco comprometidas, parece que o documental do dedo na chaga empeza a xeneralizarse e a abordarse sen complexos en Galicia. Proba disto son tres traballos recentemente estreados que abordan fortes conflitos veciñais en diversos puntos. Desde a revolta permanente que viven nas Encrobas desde hai máis de tres décadas, reflectido en A ceo aberto, ata a instalación da fábrica Rieter-Zafra na Rúa de Petín en Apartado 12, e o máis recente e actual, sobre a instalación da planta de Reganosa na ría de Ferrol, titulado O Salario do medo.

Este último traballo, dirixido por Enrique Banet, e narrado e producido pola súa compañeira, a actriz Mabel Rivera, abórdase a oposición dos veciños de Ferrol á instalación da planta de gas na ría. Cunha independencia e unha liberdade inusual neste país, o documental recolle opinións de políticos discrepantes coas liñas oficiais, militantes do BNG e do PSdeG, ou doutros como o incombustible Juan Fernández, ademais de críticas demoledoras á liña editorial dalgúns medios de comunicación. "Levabamos un tempo pensando en facer un traballo sobre a ría de Ferrol, e chamounos a atención o pouco que se falaba dun tema tan grave como o de Reganosa", explica Mabel Rivera, actriz comprometida marcada polo seu paso como traballadora de Astano, e ferrolá de nacemento. Como recoñece Rivera na narración, "o conflito está vivo e isto non fixo máis que empezar, así que estamos pensando en novas entregas".

En conflito permanente viven tamén os veciños d' As Encrobas desde hai xa máis de 30 anos, cando empezaron as expropiacións forzosas das súas leiras para que Fenosa puxese en marcha a empresa Lignitos de Meirama. Nas Encrobas naceu Xosé Bocixa en 1967, e acaba de debutar co documental A ceo aberto. Bocixa tiña oito anos cando na súa memoria quedaron gravadas as imaxes onde os veciños con sachos e paraugas lle plantaron cara a unha Garda Civil con capa e tricornio, vivo reflexo da decadencia tardofranquista. "A min doíame que cando había aniversarios, só se falase como algo conmemorativo, así que quixen darlle voz á xente que tanto loitou", conta Bocixa.

As Encrobas seguen a ter unha mina aberta, casas con gretas, unha parroquia desestruturada e un entorno que semella pouco saudable. "O millo parece unha polveira, as xudías son negras e as vacas pacen cos fuciños cheos de carbón, e así levamos toda a vida", di resignada unha veciña, antes de que saia o alcalde promentendo un lago acuático, un campo de golf e un centro hípico.

Se nas Encrobas se manifestaron contra unha fábrica, na Rúa de Petín, a manifestación foi a favor da instalación da multinacional Rieter-Zafra, o que orixinou que o pobo se enfrontase por esta decisión e ata o alcalde fose detido, logo de decidir nun pleno extraordinario a instalación desta fábrica. Os feitos nárranse en Apartado 12, dirixido por Cristina de la Torre.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_