_
_
_
_
Entrevista:MARÍA BOUZAS | Presidenta da Academia do Audiovisual | LUCES

"Cine galego? Aquel que o público conciba como tal"

"Aquí sempre esaxeramos. Ou triunfamos ou estamos perdidos". Así resume María Bouzas (A Coruña, 1962) a súa investidura, a finais de setembro, como presidenta da Academia Galega da Audiovisual, tras a demisión de Manolo Gómez. A alarma pola suspensión da rodaxe d'Os mortos van de présa (Dygra Films) superou daquela á recente polémica sobre o atraso na rodaxe de longametraxes no primeiro trimestre do ano. "É como se o audiovisual galego deixase súpetamente de existir", ironiza.

A Academia presenta hoxe a gala dos Premios Mestre Mateo, que se entregan o día 9. No ronsel dos premios organizará, por vez primeira desde a súa creación en 2002, as primeiras xornadas de balance do sector, iniciativa que se encadra na necesidade de redimensionar o seu propio papel. Dos 3.000 profesionais que gravitan arredor do audiovisual, só se conseguiu fidelizar a 200. A captación de socios na Televisión de Galicia é unha das campañas pendentes.

"Queremos que a sociedade galega valore o traballo de todos os profesionais e creadores do audiovisual galego", di Bouzas. "Que o sinta como algo seu". Mellorar a proxección social da AGA, alén da gala anual dos Mestre Mateo, e fomentar a educación audiovisual na escola (aquí as liñas de colaboración con Educación están por definir) son as tarefas máis inmediatas de Bouzas, unha das mellores actrices galegas. "Que os que non están comecen a estar", afirma.

"Nós non temos unha misión sindical como as agrupacións sectoriais", indica. "Aquí hai xente de todas as asociacións e de calquera oficio de creación ou xestión". Porén, a "neutralidade" estatutaria da Academia nun mundo coma o audiovisual galego non é doada. Entre consorcios, axencias, clústeres e asociacións especificamente gremiais, as mensaxes das diferentes portavocías non adoitan espallarse en sentido único. "Temos que escoitarnos", teima Bouzas. "Na directiva da asociación temos perfectos exemplos de xente que pensa de diferentes maneiras".

Esas diverxencias non impedirán, de entrada, que unha comisión de traballo da AGA revise o acceso aos premios. Ata agora discriminábanse en positivo as versións orixinais en galego, os proxectos cun 25% de produción propia ou cun equipo técnico galego ao 50%. Por unha cuestión de capitalización, dicir cine galego segue sendo unha cuestión política. "Eu teño o meu punto de vista persoal", di Bouzas, "pero como presidenta da Academia fico cunha definición xornalística. Cine galego? Aquel que o público conciba como tal". "O galego é desexable, pero se falamos de creación hai outras opcións igual de respectables".

Falando de produción, a cuestión é máis ingrata. "Hai que promocionar as longas en galego porque no mercado teríano máis crú. O tema é complexo, e a idea sería camiñar cara unha proxección social do cine galego con contido". "Fallouse na promoción e na exportación", sinala Bouzas. "Para o mercado interno estamos máis que abastecidos, e as coproduccións tamén son moi positivas, pero... Un ten que saber a que cultura pertence e cal é a súa identidade para que haxa intercambio".

Desque ela e María Pujalte, agora en Madrid, fundaran a Compañía de María, Bouzas converteuse nun dos rostros principais da escena galega, tamén visible en producións como Heroína ou O agasallo de Silvia. Estes días promociona Atlas de geografía humana, de Azucena Carrera. Ao tempo ensaia nun local de Lamas de Abade Os cadaleitos de zinc, o texto de Svetlana Alexievitch sobre a guerra de Afganistán. Leva pouco na política, pero aclara: "O meu niño segue aquí".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_