"Non sei se fago arte urbana"
"Falar de deseño galego é un pouco ousado, a non ser que falemos daqueles deseñadores que recorren á retranca na raizame do seu traballo", di o artista urbano vigués Nano 4814 [un dos seus alcumes].
"Aínda que o soporte que utilicen sexa distinto ao da arte máis tradicional, eu vexo a súa actividade máis preto da arte contemporánea que do deseño". Nano destaca os deseñadores "do Fanzine Enfermo, os Nenos Especiais, Jorge Perianes, os do Colectivo Alga...".
Agora vive en Madrid, pero Nano fíxose un nome pintando chocos na súa cidade, onde aínda colabora con Ad Hoc [tamén estivo na última exposición Urbanitas, do MARCO]. O último choco pintouno hai tres días. "En Madrid malvivo", recoñece, malia compaxinar traballos de deseñador con colaboracións na galería Subaquatica. Tamén é o único galego que aparece en Stencil Graffiti, o libro do inglés Tristan Manco sobre grafitis con plantel (para evitar a policía). "Eu estaba en Londres en 1998 e son cousas que pasan, pero non adoito utilizar planteis", di. A arte urbana, falando de grafitis, naceu en Nova York a finais dos 60. Segue sendo autorreferencial, e ese é un dos seus poderes, malia o crecente risco de estabulación.
"A arte urbana non é anónima. Non hai arte máis cercana á sociedade", insiste. "Outra cousa é que esteamos á marxe da sociedade da arte". "Eu non sei se fago arte urbana e tampouco sei se fago arte. Quizais son un mercenario que loita contra a necesidade alimenticia da prostitución creativa".
Nano adoita debuxar a man alzada. Cadrar o traballo na rúa coas encargas (murais e instalacións, sobre todo) é unha das súas coitas actuais. "Sobre todo", di, "se quero ser Nano 4814 en calquera ámbito".
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.