Unha xanela no mundo
Os libros infantís e xuvenís lanzan mensaxes contra a discriminación
Este inverno de 2007 seguramente quedará gravado nas historias de literatura galega que se ocupen das letras para a infancia e a mocidade, como a época en que unha institución internacional, o Banco do Libro de Venezuela, recoñeceu n?O armiño dorme de Neira Cruz, unha das dez mellores obras do mundo para o público xuvenil.
Con este prometedor final do frío, que adianta a chegada dunha primavera intensa que hai tempo que se viña vir, a literatura infantil e xuvenil segue agromando. Marzo trae nas súas pólas libros moi variados, diferentes opcións para todos os gustos entre as que escollemos catro. Para o lectorado máis novo, OQO agasállanos con Tres irmás ladroas de Txabi Arnal e Sígueme de José Campanari. Dúas historias que parten do popular e que se cinguen pola arela dos protagonistas por atopar un camiño de seu, que non lles sexa marcado por ninguén. Estes textos emanan coeducación a partir de certas sutilezas que superan a xa típica inversión de roles de xénero, tan empregada nos anos 70 nas literaturas normalizadas e non habitual entre nós ata ben entrados os 80.
Nesta mesma liña, seguimos o eco de dúas clásicas de noso destinado a un lectorado máis experimentado. A escrita de Marilar Aleixandre é recuperada nas páxinas d?A expedición do Pacífico, a crónica da arrichada Emilia, polisón nunha aventura que a fará somerxerse nas ideas creacionistas e feministas do último XIX. Xa unha institución nas letras xuvenís, é esta unha das novelas que capitaneou a eclosión da protagonista nena ao dotala dunha profundidade e dunha decisión habitualmente reservadas para o outro sexo.
Herdeira desta xinea é A lagoa das nenas mudas de Fina Casalderrey, o relato dunha amizade por enriba das palabras e das culturas, unha oportunidade para visitar África a través dos ollos de Amina. A demostración de que a literatura infantil e xuvenil en galego segue apostando pola non discriminación, confirmando así que é unha xanela no mundo á que cada día se asoman máis ollos dende fóra, curiosos.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
¿Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.
Archivado En
Últimas noticias
Rusia amenaza con romper las negociaciones tras acusar a Ucrania de atacar una residencia de Putin
La San Silvestre Vallecana provocará cortes de tráfico en varias calles de Madrid durante todo el 31 de diciembre
La Audiencia Nacional avala la decisión de Robles de retirar el nombre de Franco a una bandera de la Legión
Muere Cecilia Giménez, la anciana que hizo famoso el Ecce Hommo de Borja
Lo más visto
- Europa entra en estado de alerta ante la embestida estratégica de Trump
- La larga sombra del hijo único: China paga con una crisis demográfica su mayor experimento social
- Los grandes derrotados del Gordo de Navidad de Villamanín, 15 jóvenes de entre 18 y 25 años: “Hoy hemos perdido amigos”
- ¿Qué pasa si uno solo de los ganadores del Gordo de Villamanín decide denunciar?
- El giro del PP con Vox: de prometer no gobernar con la extrema derecha a normalizarlo tras el resultado en Extremadura




























































