Que dicimos os rumorosos?
Os himnos nacionais son, efectivamente, símbolos. Pero cando se fala de símbolos sempre penso que a emotividade (cordial ou odiosa) que concitan (ou non) é sempre posterior á súa constitución como tales e as connotacións das circunstancias en que son interpretados. Se tivesemos que buscarlle un valor metafórico ao himno de Galicia con letra de Pondal e música de Veiga, se cadra, a referencia obrigada sería a da falta de vertebración do país, como se podería derivar do efecto de dispersión que se experimenta invariablemente á hora de enfrontar o canto da súa segúnda parte, situación ben común ao final das manifestacións multitudinarias. Hai verdadeiros especialistas en facer play back camelo nesa parte. Notarédelos porque son os que, despois de varias estrofas de mímica, berran de máis no de "nazón de Breogán". Non deixa de ser un verdadeiro contraste nas grandes citas de mobilización civil do país que, despois da termos acadado como cidadanía unha coincidencia masiva e que se conta por milleiros, a liturxia final, que debería ser o clímax da emotividade colectiva, quede tan deslucida.
Penso isto no ano en que se celebrarán os cen anos d'Os Pinos e no que con toda seguridade vaise falar moito dos símbolos institucionais. Por seguir cos paradoxos non quero nin pensar se se fixese unha enquisa pública para saber cantos individuos de Galicia saben a ciencia certa o que significa o de "escuro arume arpado".Igual que existe unha intelixencia emocional, penso que o que me une a Galicia é mais unha cuestión de conciencia, de conciencia emocional, que de identidade, e por esa mesma convicción son incapaz de sacralizar os símbolos nacionais, tanto os propios como os alleos. Tamén por iso, a pesar da miña discrepancia con aquela mobilización, non entendo que se invocase como ilegal a utilización da bandeira e do himno de España na última manifestación da dereita contra ETA e o goberno en Madrid. Os símbolos son como as emocións: patrimonio de quen as sente, mentres as sente.
A todo isto ¿non vertebraría mellor a nosa emoción nacional Negra Sombra ou a Marcha do antigo Reino de Galicia?
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.