A 'Diciopedia' galega, catro anos de traballo editorial
"Está ben facer libros sen pedir diñeiro ás institucións", dixo onte Isaac Díaz Pardo (Ediciós do Castro). Víctor Freixanes (Galaxia) precisou: "Estámolo pedindo". Antón Mascato, como responsable de Edicións do Cumio, dixo que agora o lóxico é que a Xunta "o distribúa nos colexios e nas bibliotecas". Aínda retrucou Díaz Pardo: "Con diñeiro público publícanse e regálanse libros, e non hai xeito de competir con iso. Son os poderes parapúblicos, os bancos, máis cós públicos. E iso está prexudicando as editoriais".
O diálogo pechou a presentación da primeira Diciopedia galega con entradas tan dispares como Fran Alonso, Baader -Meinhof ou Venezuela en pé de igualdade. Unha enciclopedia universal galega de 2.600 páxinas e 125.000 entradas en tres tomos manexables, cunha primeira edición de 4.000 exemplares en tapa dura, á venda desde hai 15 días en librarías e grandes superficies por 290 euros. A iniciativa conxunta de Galaxia, Do Cumio e Do Castro, un fito de seu, é o resultado de cinco anos de traballo, cun investimento de máis de 700.000 euros, e non ten precedentes na súa mestura de diccionario de galego e enciclopedia (galega e universal). A enciclopedia galega do asturiano Silverio Cañada, de 1974, ampliada recentemente, só inclúe entradas galegas, como a vella Enciclopedia Gallega dos 80. E a completa Enciclopedia Galega Universal de Ir Indo, de 16 tomos, que si inclúe diccionario, acabouse antes (2002) de saír a última norma lingüística.
"Habería que destacar a alianza de tres editoriais galegas nun país de minifundios", dixo Freixanes, que falou dun "esforzo necesario. Trátase de presentar a cultura galega no ámbito que lle corresponde, europeo e universal". A obra pretende fornecer, segundo sinalou, "aos traballadores da información e da lingua, o ensino medio e as bibliotecas familiares". O responsable de Edicións do Cumio, Antón Mascato, falou dun concepto novidoso: "Esta Diciopedia do século XXI é diccionario e enciclopedia da cultura universal, cunha gran presenza da cultura galega". O proxecto foi "doado de levar ao cabo pola vontade das tres editoriais". A respecto do apoio institucional, o director do Cumio afirmou que polo momento "non tivemos ningún". "A día de hoxe, coa obra nas librarías, non hai ningunha previsión de compra institucional, pero agora mesmo iso non nos preocupa", engadíu.
No que atinxe á calidade da lingua, o responsable de Galaxia salientou que o equipo da Diciopedia -12 redactores e cinco revisores lingüísticos- "foi quen de introducir a festa do idioma". "Non só se inclúen as formas normativas, senón que tamén se expresa a riqueza da lingua segundo as súas variedades xeográficas e lexicais", sinalou. Freixanes dixo que a obra non estará polo de agora na Rede porque impediría recuperar o investimento.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.