"Escoller o soporte na Rede responde a necesidades económicas"
Dúas mil visitas na primeira semana de vida na rede avalían Sonotone, unha revista en galego sobre música pop. Detrás do proxecto agóchase Noel Feáns, coordinador da publicación. "Nos días iniciais de Sonotone escribiron máis de quince grupos do país para enviar a súa maqueta", explica. Feáns, que tamén se atopa detrás da discográfica virtual A Regueifa -que edita discos en Internet con licenzas Creative Commons- opina que se "está a crear un movemento musical importante" en Galicia.
Pregunta. Para que sirve unha revista de música?
Resposta. Esa pregunta muda o sentido se a fas nun país musicalmente subdesenvolvido, coma o noso caso. En Galicia, unha revista de música vén ser un escaparate e un altofalante do que se está a facer aquí. Aquí non hai industria musical e a que hai resulta escasa, endogámica e conservadora. Ao non existir industria, non existe publicidade que financie ningunha revista. Sonotone trata modestamente de encher ocos, de solucionar eivas estruturais.
P. Pero Sonotone tamén trata música internacional.
R. Na revista propuxémonos dous obxectivos respecto da música pop galega: dar cobertura ás novas xeracións de grupos, abondosas e de calidade, e contextualizalos internacionalmente. Tentamos presentar unha vocación universal integrando os nosos grupos, que agora importan estilos estranxeiros e actuais. Pretendemos unha música galega que sexa contemporánea e que estea ao nivel do mundo.
P. Impórtase todo dos mesmos centros. Non existe o risco dunha dependencia cultural excesiva?
R. É verdade que o mundo saxón compón o noso referente musical. Se cadra débese a causas macroeconómicas, o prezo da globalización. Nós non o podemos cambiar.
P. Houbo algunha experiencia de prensa musical galega que interese a Sonotone?
Revistas como Bravú ou Bambán foron moi locais. As experiencias interesantes dependían do centro estatal ou de proxectos centralistas. Logo, existiron exemplos meritorios como puído ser La Naval, de Suso Iglesias e Xosé Manuel Pereiro, na década de 80, que resultou absolutamente independentista respecto da movida madrileña. Hoxe en día temos que estar no mundo pero coa perspectiva galega.
P. Existe escena pop en Galicia?
Houbo unha serie de coincidencias que facilitaron a visibilidade da nova música pop galega. Aconteceu un cambio político que se ben non foi detonante de nada, si que abriu espazos que nos tempos fraguianos ficaban pechados. Por exemplo, os medios de comunicación públicos. Amais, nunca apareceran tantos grupos cantando en galego e de estilos tan diferentes.
P. Gravan discos os grupos galegos?
R. Coa popularización relativa das tecnoloxías, a única diferenza entre unha maqueta e un disco atópase no código de barras. Non se aprecian variacións de calidade. Forma parte do espírito Sonotone igualar maquetas e discos, darlles idéntico tratamento.
P. Malia á deficiente penetración da rede en Galicia, escolleron este medio de difusión.
Aínda que Galicia sempre aparece á cola nas estatísticas relativas a Internet, a xente nova relaciónase doutro xeito coa tecnoloxía. E o noso público é mozo. Escoller a rede responde tamén a unha necesidade: o papel é caro demais. Con todo, aspiramos a editar unha edición resumo mensual en papel.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
¿Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.
Archivado En
Últimas noticias
Bukele dice que le gustaría seguir gobernando en El Salvador “10 años más”
Muere Jaleda Zia, la primera mujer que dirigió el Gobierno de Bangladés, a los 80 años
Collboni supera la cuestión de confianza y el presupuesto de Barcelona entrará en vigor el 1 de enero
Meta sube la apuesta en la IA y compra la ‘start-up’ china Manus por más de 2.000 millones de dólares
Lo más visto
- La Audiencia Nacional avala la decisión de Robles de retirar el nombre de Franco a una bandera de la Legión
- Rusia amenaza con romper las negociaciones tras acusar a Ucrania de atacar una residencia de Putin
- Trump anuncia la destrucción de una “gran instalación“ vinculada a las drogas en Venezuela
- Alain Aspect, Nobel de Física: “Einstein era tan inteligente que habría tenido que reconocer el entrelazamiento cuántico”
- Robles exige a Feijóo que pida disculpas por decir que el Ejército no acudió en ayuda de las víctimas de la dana




























































