_
_
_
_
LUCES

Un Nobel catalán

Apaño libros pola casa; libros galegos editados hai sesenta, cincuenta, trinta, dez, tres, un ano..., libros que non tiveron a atención que merecían

Apaño libros pola casa; libros galegos editados hai sesenta, cincuenta, trinta, dez, tres, un ano..., libros que non tiveron a atención que merecían. Libros que os autores deitaban ao vintemperio e libros que están a nacer xustamente agora con todo na súa contra. Libros e autores sen un país detrás, porque os escritores sempre foron útiles e necesarios aos países mais non poden existir sen o apoio cívico necesario e aquí en tres décadas de autonomía non se construíu o espazo social necesario para que exista unha literatura cos mínimos necesarios. Semellaba que xa pasara o tempo histórico do Romantismo europeo no que os escritores encarnaban, sostiñan e anunciaban o espírito da nación, o país encomendáballes cargar ese peso, e un xa non sabe que pensar.

Pasaron por aquí a directora do Instituto Camõens, un directivo do Instituto Cervantes e pasou o Alex Susanna, que fora o primeiro director do Instituto Ramon Llul e volve selo. Envexa da Cataluña, envexa da lingua catalana. E como non han ter os nosos escritores envexa dos escritores en catalán, que desde hai décadas tiveron detrás o que aquí nunca houbo: unha Administración que cumpriu co deber de protexer a lingua e a literatura propias, promover a obra dos seus autores noutros países. O resultado é unha presencia importante da literatura catalá noutros países, ser o país convidado na feira do libro de Guadalajara, México, e na máis importante do mundo, a de Francfort. Marabilla dun país digno e orgulloso da súa lingua e dos seus escritores, con gobernantes. Simplemente gobernantes, quen nos dera. Unha política nacional continuada por sucesivas administracións autonómicas que xa deu os seus froitos e que claramente apunta desde hai anos a un obxectivo: conseguir un premio Nóbel de literatura en lingua catalana.

Hano conseguir, madialeva, e con todo merecemento, pois o Nóbel, en parte, premia unha obra literaria persoal mais, tamén en parte, recoñece a existencia de literaturas polo mundo adiante. É un premio paradoxal, en xeral premian obras de indubidábel valor literario e ao tempo detrás de cada premiado procuramos os motivos políticos, damos por suposto que son algún alarde da diplomacia dunha imaxinada curia sueca: un ano a unha escritora dos países exsoviéticos, outro a un desa China que emerxe e peta forte, outro a un en lingua portuguesa que aínda non tivo e non pode ser... Cataluña é vista en Europa xustamente como pretende e merece, unha nación sen Estado, orgullosa da súa identidade e un país cívico, pacifico e emprendedor. Hai unha categoría para recoñecer as culturas sen estado na Europa e unha obra literaria en lingua catalá ten posibilidades reais de acadar un Nóbel, por merecementos propios do autor ou autora e tamén por merecementos dun país rexo e intelixente. Ben o merecen eles. Que nós, non.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_