_
_
_
_
LUCES

Un ciclo leva o jazz a clubs e teatros de todo o país

O trompetista suízo Erik Truffaz fará por abrir os concertos a vindeira semana

A tres meses, dez cidades e 15 grupos amplíase o ciclo 1906 de Jazz, que organiza por quinto ano a corporación Hijos de Rivera. As últimas tendencias na esfera internacional da música nacida en Nova Orleans hai máis dun século reflectiranse neste festival, que terá por escenarios 11 emblemáticos clubs españois, entre eles o decano, o célebre Jazz Filloa de A Coruña, e tres teatros. O trompetista suízo Erik Truffaz fará por arrincar este ciclo a vindeira semana, con cadanseu concertos en Madrid (o 14 de febreiro) e en Santiago (o sábado 18).

A maior parte dos protagonistas deste festival aproveitarán para presentar en España o seu último disco, remarcou a coordinador musical Carlos López. Serán en total 43 concertos ata mediados de maio, nos que haberá as últimas novedades pero tamén chiscadelas ao jazz máis tradicional.

Artistas consagrados como Joe Lovano, Eli Degibri ou Horacio Fumero e formacións máis novas que tamén teñen forza na escena internacional como Fly ou The Bad Plus sucederanse en salas emblemáticas de seis cidades galegas ou, ademais, de Madrid, Valencia, Bilbao e Barcelona. Dous galegos exiliados desde hai anos en Nova Iorque, como son Víctor Prieto e Yago Vázquez, tamén forman parte destacada deste ecléctico cartel.

“Nun club é onde de verdade bate o cobre un músico de jazz porque está en contacto directo co público”, reseñou o experto periodista de RNE Juan Claudio Cifuentes, quen salientou a importancia de organizar este ciclo en pequenas salas emblemáticas como modo de reivindicar “a música en vivo que se está perdendo”. “Son algúns dos templos de jazz do noso país”, destacaron os organizadores desta cita, ao subliñar a incorporación do Berlín Café de Madrid e o Jimmy Glass de Valencia.

En Santiago, haberá actuacións no Auditorio de Galicia, no Teatro Principal e no Dado Dadá. Clubs como o Café Latino de Ourense, o Bla Bla de Ferrol, o Clavicémbalo de Lugo ou o Xancarajazz de Vigo tamén acollerán concertos a longo destes tres meses. O swing estilo anos trinta de O’Sister, o trompetista cubano Carlos Sarduy ou o dúo Andrea Motis e Joan Chamorro serán algúns dos outros artistas que poderán escoitarse en directo en salas de todas as cidades galegas.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_