_
_
_
_
Entrevista:MIGUEL VON HAFE, director do CGAC | Luces

"A cultura non se pode entender de xeito isolacionista"

Co presidente da Xunta dicindo que a programación do CGAC en 2010 será "moi xacobea", e recén aterrado -o luns comeza a vida en Santiago-, Miguel Von Hafe Pérez (Porto, 1967) chega ao Centro Galego de Arte Contemporánea cun proxecto que xungue a relación trasatlántica, a importancia da colección e a promesa institucional de reformar o CGAC, na idea de axilizar a xestión e atraer patrocinadores.

"Ninguén esperaría que eu puidese producir algo propio en tres meses", contesta con humor desde Porto.

Pregunta. Para reactivar a investigación e a produción propia non chega co tempo sobro.

Resposta. En calquera mudanza pode suceder que o novo director estea un ano ou dous coa programación anterior. Aquí acaba en febreiro, o que implica un traballo arduo que debe pasar polo establecemento de contactos con exposicións xa producidas. Ninguén esperaría que eu puidese producir unha exposición propia en tres meses.

"O CGAC ten que saír fóra das súas portas, debe transcender Galicia"
"Un consello asesor para a adquisición de obra é algo que pór enriba da mesa"
Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO
"Primeiro tócame a colección, aínda debo coñecer a situación laboral do centro"
"Non son inocente: a cualidade ten que ter unha expresión a nivel de visitantes"

P. Foi un erro cancelar exposicións xa programadas, como as de Smijewski ou María Ruido?

R. Estou a estudar caso a caso. En principio gustaríame respectar mostras como Sur le dandysme aujourd?hui (Do maniquí no escaparate á estrela mediática), programada para decembro. Non só por solidariedade institucional con Manuel Olveira, senón tamén cos propios artistas.

P. Primarán as tarefas do centro ou as do museo?

R. A única distinción xenérica para unha diferenza factual entre un museo e un centro de arte é o feito de ter colección. No contexto galego a ironía é esta: a colección tena o CGAC e chámase centro, e o MARCO chámase museo. Nós temos que honrar a colección, e a min gustaríame que fose máis abranxente. Tamén quero colocar unha cuestión enriba da mesa: a constitución dun consello consultivo para a compra de obra de arte.

P. Cultura fala de "recuperar o esplendor e a dimensión museística". Exposicións punteiras e proxecto para a colección?

R. O obxectivo pode entroncar nesas dúas vertentes, pero hoxe traballar coa colección é unha responsabilidade moito maior que na época de Gloria Moure. Gustaríame que ese traballo se entendese non só nunha liña adquisitiva, senón a través de iniciativas dinámicas que inclúan estudo e visibilización. A présa adquisitiva folga ás veces a necesidade de pensar as cousas, daí a importancia dun proxecto museográfico para a colección. No espazo físico do CGAC non é posible ter unha colección exposta en permanencia, téñense que alternar exposicións sobre a colección con outras tentativas para diversificar a ollada sobre ela, e iso pasa pola circulación. O CGAC ten que saír fóra das súas portas, transcender Galicia. É nese sentido que eu entendo que se poida primar a actividade museística sobre a idea de centro.

P. O CGAC quedou lonxe de investir este ano a totalidade do seu orzamento. Teme recurtes?

R. A min foime garantido que o orzamento está estabilizado, e que o director terá peso específico para decidir, segundo o momento, se volcar o peso na programación ou na colección. Por unha cuestión de urxencia, o lóxico é que en 2010 haxa que atender máis á programación.

P. En que consistirán eses primeiros proxectos?

R. Estou intentando achegar a Galicia a exposición dun artista de arte povera, e aínda este ano supervisarei unha mostra grande da colección. No Ano Xacobeo, e como comisario, asumirei unha exposición colectiva internacional onde percibir, de xeito obvio, algúns dos intereses da arte contemporánea, cun carácter máis prospectivo no que atinxe a artistas novos non moi vistos en Galicia, incluíndo por suposto artistas galegos. Para min é máis importante mostrar obra galega nun contexto coma ese ca en exposicións personalizadas en salas pequenas. No inmediato tamén vou preparar un ciclo de exposicións a tres anos sobre a realidade coleccionística no contexto ibérico, desde os 60 ata agora. Ese boom institucional posdemocrático interésame moito, e Santiago está nunha posición privilexiada para facelo.

P. Está ao tanto da situación laboral do centro?

R. Primeiro tócame a colección. E aínda debo coñecer. En abstracto, teño unha confianza absoluta nese equipo. Quen traballa nun museo gusta da arte, e quen gusta da arte ten unha perspectiva diferenciada do aspecto burocrático do traballo. Terei que contar cun segundo, pero nonon traio ideas preconcibidas.

P. A idea é que as xestións empecen e rematen no CGAC. O camiño da autonomía do centro pasa por convertelo en fundación?

R. É o máis indicado. Díxoo o mesmo Roberto Varela, asumíndoo ademais coma un compromiso para este mandato. O traballo na arte esixe flexibilidade, e o conselleiro dixo que non temos que depender directamente da Xunta para atraer patrocinios privados. Non situalo nesa lóxica mesmo pode crear certa preguiza ao respecto.

P. Cómo reafirmará a súa vocación atlántica e a interrelación co exterior en Galicia?

R. No meu proxecto, vendo a historia do CGAC e as diferenzas con outros centros, privilexiei a relación trasatlántica, e iso convén reforzalo. Temos que comprender que a nosa situación nos conecta cun substrato ideolóxico que ten que ver coa inmigración. Aí quero traballar de xeito intensivo na creación dunha rede, porque a cultura non se pode entender de xeito isolacionista. Haberá que valorar a proximidade, pero no contexto do noroeste peninsular, coa aparición nos últimos 15 anos do Musac, a Fundação Serralves, A Laboral ou o Marco, non ten moito sentido pensar nunha colaboración institucional que pase polo tránsito de exposicións. Temos que ver cales serían os froitos dunha relación, por exemplo, co Macba.

P. É Anamnese, a plataforma dixital de artistas portugueses que desenvolveu en Portugal, unha pauta para Galicia?

R. É posible que o centro teña aí un papel pioneiro.

P. A cuestión do público séguese a utilizar como arma arreboladiza contra o CGAC.

R. Non se pode sacrificar a cualidade do proxecto á presión dos números, mais non son inocente: sei que a rendibilización cualitativa ten que ter unha expresión cuantitativa a nivel de visitantes. Hai que ter conciencia diso. Tamén é algo que ten que ver coas estratexias de comunicación, e esas estratexias pasan por saber vender o que facemos. A visibilidade do CGAC en Compostela pode ser moito maior.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_