_
_
_
_
Luces

Os debuxos dos pecados franceses de Castelao

"Onde hai un cruceiro houbo sempre un pecado", dicía Castelao. Quizais precisamente por iso, contra 1920, andaba percorrendo a Bretaña (Francia) e estudando as cruces de pedra. Esas que, segundo Yves Castel, roldarían as 9.000. Froito daquela viaxe, o artista deu vida a 151 debuxos que ilustrarían As cruces de pedra na Bretaña. No entanto, a meirande parte daquelas láminas permaneceron, ata o de agora, en mans dun particular que insiste en quedar no anonimato. A Deputación de Pontevedra anunciou onte a adquisición de 120 daquelas ilustracións, toda vez que o consello asesor do Museo de Pontevedra informou favorablemente sobre esa operación.

Os 31 orixinais restantes atópanse, na altura de hoxe, en paradoiro descoñecido, agás catro que forman parte de coleccións privadas. O Museo de Pontevedra presume de ser o maior depositario de manuscritos e obras do intelectual de Rianxo, e precisamente en honra á súa paixón polos cruceiros, "tesouros" dicía el, a Deputación ofreceu en 2004 unha mostra que conmemoraba o 75º aniversario da visita de Castelao á Bretaña. Agora, todo este material, entre o que se atopan dúas máscaras deseñadas polo autor d' Os vellos non deben namorarse para as súas primeiras representacións, pasará a exhibirse no novo Museo de Pontevedra.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_