_
_
_
_
Luces

Promoven un dicionario de termos empresariais

A Real Academia Galega e a Fundación Galicia Empresa asinaron onte un convenio de colaboración para realizar un "dicionario galego especializado en termos empresariais". As entidades comprometéronse a poñer na rúa o primeiro volume da obra, dedicado ao vocabulario sobre recursos humanos, antes de fin de ano. O presidente da Academia, Xosé Ramón Barreiro, declarou sentirse "moi satisfeito por comprobar como o mundo empresarial, o mundo da economía, se integra plenamente na loita de todos pola defensa da identidade cultural de Galicia".

Para o presidente da Fundación Galicia Empresa, Benito Fernández, a sinatura do convenio coa RAG cadra cos seus "obxectivos fundacionais: a normalización do uso do galego na empresa, nas súas relacións internas e externas, sen prexuízo do apoio á poliglosia, como factor esencial da actividade empresarial". "O obxectivo é ofrecer ao empresariado galego unha ferramenta para fomentar a normalización do galego e un uso axeitado da lingua", afirmou.

Dende a fundación empresarial sinalaron "a necesidade constatada no mundo da empresa de material lingüístico que satisfaga as necesidades máis concretas e que teña a solvencia da autoridade lingüística galega". Entre as seccións temáticas nas que se dividirá o traballo aparecerán tamén as relativas á linguaxe especializada no ambíto comercial ou no ámbito financeiro. As entregas en papel publicaranse simultaneamente nas webs da Academia e da Fundación.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_